martes, 15 de diciembre de 2020

SALTO HORIZONTAL

Como a proba de abdominais, o salto horizontal tamén foi outra das probas que se mandaron para facer na casa.



lunes, 14 de diciembre de 2020

PROBA ABDOMINAIS

Este curso promocionamos a actividade física fóra do centro. Por este motivo, dúas probas de avaliación da condición física mandáronse como "deberes" físicos. Subiuse o protocolo no aula virtual e cada un de vós fixo a proba na súa casa. 



jueves, 12 de noviembre de 2020

COÑECEMOS MEAÑO

Priorizamos actividades ao aire libre onde coñecemos a nosa contorna.

Estes días tocou visitar a Telleira dos Seixiños e o Centro de Interpretación das Telleiras.


miércoles, 28 de octubre de 2020

ACTIVIDADE FÍSICA ANTES E DESPOIS DA PANDEMIA

Deixo os resultados da enquisa dos cursos de 2º,3º e 4º da ESO nos que podemos apreciar que a actividade física realizada baixou considerablemente desde marzo ata este momento. 

lunes, 19 de octubre de 2020

TABATA

Neste curso priorizamos actividades que poidamos realizar autónomamente nas nosas casas. Unha das vosas favoritas son as Tabatas. Lembrade que tendes no aula virtual ligazóns para seguir movédonos na casa.



lunes, 5 de octubre de 2020

VALORAMOS A NOSA CONDICIÓN FÍSICA

Este curso imos minimizar a posta en práctica das probas de avaliación da condición física. Os grupos para facer a proba de resistencia deben ser de menos alumnado para poder manter a distancia social e levaranos máis tempo facela. Debedes cubrir e respostar as preguntas da ficha.

Para calcular o IMC tendes as instrucións no aula virtual. Lembrade, mete os teus datos nesta ligazón e coñecerás o teu IMC. 

Os baremos das probas tamén están publicados no aula virtual.

IMC



lunes, 15 de junio de 2020

PASEOS

Esta semana para rematar o curso tiñamos unha tarefa moi sinxela.
Tiñades que ir camiñar e enviar unha captura cunha aplicación dos pasos que fixéchedes.
Sempre sorprendedes, é enviades tarefas moi ben feitas.
Encantoume esta presentación dunha alumna de 1º ESO.

viernes, 29 de mayo de 2020

FASE 2

Deixo unha imaxe das actividades ao aire libre que podedes facer na Fase 2 na que nos atopamos.
Se queredes máis información do resto de actividades deportivas (ligas, piscinas...) picde na imaxe.


jueves, 28 de mayo de 2020

martes, 26 de mayo de 2020

XA PODEMOS NADAR


Xa podemos ir a praia.
Que mellor lugar (ainda que a auga está un pouco fría en Galicia) para facer actividade física.
Deixovos algúns dos beneficios de nadar.
1. Atrasa o proceso de envellecemento 
A natación axudaranos a sentirnos mozas durante máis tempo evitando que os problemas de mobilidade, flexibilidade e de osos maniféstense antes de tempo. 
2. Axuda a aumentar a nosa capacidade motriz 
Nadar implica coordinar as nosas extremidades e respiración. Así mesmo, axúdanos a ter un mellor equilibrio e ter un tempo de reacción máis eficiente e rápido. 
3. Mellora a memoria 
Isto débese aos exercicios de respiración que se poñen en práctica ao nadar, os cales axudan a osixenar o cerebro. Ademais, a coordinación motriz favorece a que o noso cerebro teña que crear novos lazos neuronais. 
4. Queima un maior número de calorías 
Ao ser un exercicio sumamente completo, nadar é unha das mellores opcións para queimar maiores cantidades de calorías. Por suposto, isto débese a que a auga provoca que as nosas extremidades teñan que facer un maior esforzo para moverse. 
5. Fai o noso corpo máis resistente P
or unha banda, axúdanos a desenvolver unha capacidade pulmonar moito maior, adquirindo unha maior capacidade de resistencia anaeróbica. 
Por outra banda, a natación ten incidencia no fortalecemento dos nosos osos, polo que o noso corpo en xeral é moito máis forte. 
6. Dá maior flexibilidade
Permítenos ter maior mobilidade, exercitando as articulacións. Como resultado diso adquirimos maior flexibilidade, elevando á súa vez o noso rango de movemento. 
7. Favorece o bo funcionamento do sistema cardiorrespiratorio
Cando nadamos necesitamos realizar exercicios de respiración, os cales teñen un efecto positivo no noso corpo. Principalmente, isto provoca unha maior capacidade pulmonar e que o noso cerebro osixénese polo que axuda a que o noso sistema cardiorrespiratorio funcione adecuadamente. 
8. Elimina dores de costas 
Na actualidade, moitos especialistas recomendan a hidroterapia para curar certos padecimientos, sobre todo as dores musculares. Unha das zonas máis beneficiadas respecto diso é as costas: nadar constantemente pode diminuír ou curar dores de costas e aumentar a súa flexibilidade. Así mesmo, nadar tamén se utiliza en terapias para persoas con problemas motrices. Os beneficios de nadar fan que mostren avances en pouco tempo. 
9. Mellora a circulación 
Cando nadamos, cada órgano do noso corpo recibe unha lixeira masaxe, o que activa o sangue e fainos sentir mellor. 
10. Relaxa 
Finalmente, nadar é unha actividade ou exercicio relaxante. Cando nadamos, os nosos músculos realizan un gran esforzo, polo que se tensan. Ao final, este proceso provoca que os mesmos músculos reláxense e descansen, dándonos unha sensación de lixeireza e benestar. 
Nadar é un dos exercicios máis completos que poderemos realizar.

lunes, 25 de mayo de 2020

SEGUIMOS TRABALLANDO

Seguimos traballando na distancia, botando de menos as vosas risas, os vosos berros, o barullo do instituto... desexando que máis pronto que tarde todo remate.
Déixovos dous traballos do alumnado de 2º  da unidade Expresamos Arte.
Bicos virtuais!!!




sábado, 23 de mayo de 2020

EXPRESAMOS ARTE

O alumnado de 2º ESO está a traballar contidos relacionados coa expresión corporal.
Decidimos facer o challenge que xurdiu no confinamento e a verdade é que están a chegar cousas moi boas!


viernes, 22 de mayo de 2020

PONLLE FRENO

Aínda que a situación de alerta sanitaria do Covid-19 obrigou a aprazar a carreira solidaria Ponlle Freo que tiña que celebrarse o 20 de xuño en Pontevedra, Atresmedia, en colaboración coa Fundación AXA e Rede de Talleres CGA, decidiu organizar para esas datas a primeira proba popular da iniciativa en formato virtual e sincronizada en toda España.
A carreira desenvolverase entre os días 20 e 21 de xuño, terá un carácter de homenaxe ao doutor Jesús Vaqueiro, falecido por Covid-19, e a recadación íntegra destinarase ao ensaio clínico de lesións medulares que liderou como xefe do Servizo de Neuroloxía da Fundación para a Investigación Biomédica do Hospital Universitario Porta de Hierro (Majadahonda) durante 20 anos. 
Poderase participar desde calquera lugar de España de maneira individual a través dunha app, nas modalidades de 5 e 10 quilómetros. 
As inscricións xa están abertas na plataforma " carrerasponlefreno. com".
Se picades na imaxe, accederás á ligazón para inscribiros!


jueves, 21 de mayo de 2020

MIRADOR DE SAN CIBRÁN DE COVAS

Seguindo a proposta destes días, deixo outro lugar precioso do voso concello.
" Na parroquia de Cobas (Meaño) pódese alcanzar un punto desde o que se divisan extraordinarias vistas sobre a ría de Arousa e a chaira cos seus pequenos ríos, entre os que sobresae o Chanca, que desemboca en Dena. 
Este río contribúe á formación das marismas do Complexo Umia-O Grove. San Cibrán é un miradoiro desde o que se pode facer o observador unha idea da paisaxe do Salnés, ao completo." FONTE: Mancomunidade Salnés.
Pica na imaxe para ver a súa localización.



miércoles, 20 de mayo de 2020

MIRADOR DE SIMES

Estes días o tempo está espectacular. Como xa podedes sair a dar un paseo sigo coa proposta de lugares que tendes no voso concello e que dependendo do  situación do voso domicilio, podedes ir a visitar dando un paseo.
Ás veces temos preto da casa lugares preciosos que non apreciamos. Por que non aproveitar esta situación para valoralos?
Deixo unha breve referencia deste mirador
"Atópase nunha paraxe onde houbo unha fortaleza medieval que tivo gran protagonismo na defensa das costas de Galicia, seguro relacionada coa que aínda conserva os seus cimentos á beira da ermida da Lanzada ou a de San Sadurniño fronte á vila de Cambados." FONTE: Salnés Mancomunidade.
Pica na foto e poderás ver a súa localización.


martes, 19 de mayo de 2020

TELLEIRA DE DENA

Tendes un lugares espectaculares para dar un paseo.
Xa sabedes que no voso concello xa non tendes franxas horarias pero sí as medidas de distanciamento social e os paseos deben ser a un kilómetro do voso domicilio.
Deixo outro lugar que se queda preto da vosa casa ao que ir a pasear.
Ademáis de facer actividade física, podedes coñecer o voso contorna.
Deixoo unha reseña da Telleira de Dena:
"Atópase na chamada Ría de Dena na desembocadura do río Chanca, nunha área xeolóxica de acumulación de arxila. Dende Castrelo ata o Grove houbo ata 28 telleiras.
A uns metros había unha serrería da que aínda quedan estructuras.
As paredes son de cachotes de pedra e dobres, vanse facendo máis estreitas na parte superior.
Ó forno é de planta cadrada cunha estructura prismática ou tronco-piramidal, quedando unha parte por debaixo da terra.
No interior as paredes son cilíndricas e estan revestidas con ladrillo e barro (materiais refractarios).
Ó norte atópase a porte de encañar, e ao sur a porta de desencañar. Esta última atópase pechada con ladrillo (só se abre no momento de utilizala).
Na parte externa do muro este, ten uns chanzos de pedra que permiten o acceso á parte superior do forno, para dende alí poder controlar a cocción.
Na parte superior esta a cuberta cunha cúpula feita de ladrillo cunhas xanelas. A cúpula remata en cheminea.
Pola parte oeste está pechada por un muro" Fonte: Patrimonio Galego
Si picades na imaxe podedes ver unha entrada comentando un paseo e a localización.


lunes, 18 de mayo de 2020

CAMIÑAMOS

Noraboa!
Tendes a sorte que o voso concello é menor de 10000 habitantes e xa non tendes franxas horarias.
O tempo acompaña, así que aproveitade de sair ao aire libre a facer actividade física.
Non olvidedes as normas:
- Se sodes menores de 14 años, acompañados dun adulto.
- Se ides a correr non hai límite de distancia (non podedes sair do concello)
- Se ides a camiñar non hai límite de tempo pero sí de distancia (non afastarse máis dun kilómetro do domicilio).
E o máis importante, RESPETADE A DISTANCIA SOCIAL! Non vamos pegadiños que non nos perdemos!
Tendes a sorte de estar rodeados de natureza, aproveitadea.
Como exemplo deixo a Ruta dos Molinos de Lores. Se queda moi lonxe da vosa casa, buscade outro lugar que tendes moitos moi chulos.
Pincha na imaxe e accederás á ligazón da ruta.
Bicos a todos e a todas!


domingo, 17 de mayo de 2020

17 MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Normalmente o departamento de EF dedica a semana das letras galegas a lembrar e practicar xogos tradicionais galegos.
Este ano déixovos un arquivo de con diferentes xogos tradicionais galegos.
Devandito documento foi realizado por Brinquedia que é a Rede Galega do Xogo Tradicional. 
O alumnado de 2º ESO traballou estes xogos telemáticamente. 
Contactaron cos seus familiares maiores para que lles contasen a que xogaban de pequenos, explicaron un xogo tradicional e despois puxérono en práctica. 
Se queredes practicar máis xogos, consultade este documento. 
Temos que manter vivo o noso patrimonio cultural.

sábado, 16 de mayo de 2020

XA TEMOS O PRIMEIRO PASEO

Empezan a chegar as primeiras tarefas dos de 1º e 2º da ESO!
Por fin actividade física ao aire libre!!!
Falta menos para poder vernos.
Moito ánimo!

viernes, 15 de mayo de 2020

A MARIOLA

Lembrades este xogo?
Eu de pequena xogaba un montón pero chamabámoslle o peletre.

O TROMPO

Hoxe é o día das Letras Galegas.
O alumnado de 2º ESO estivo facendo xogos tradicionais estes días.
Deixo un exemplo dun xogo tradicional galego, o trompo, enviado por unha alumna de 2º ESO.

SAIMOS AO AIRE LIBRE

Xa levamos semanas que se pode saír de casa, así que a tarefa desta semana para 1º e 2º realizarase ao aire libre.
Como vos dixen nas instrucións, os menores de 14 anos tedes que ir acompañados dun adulto e non vos podedes afastar máis dun quilómetro do voso domicilio.
Seguindo esas normas, que mellor que facer actividade física ao aire libre?
 Non vos esquezades de que tedes que sacar fotos! 
Se algún alumno ou alumna doutro curso anímase, déixovos as instrucións da actividade.

jueves, 14 de mayo de 2020

PRIMEIROS AUXILIOS

Nos vídeos de 4º da ESO sobre soporte vital básica hai cousas moi ben feitas.
Comparto este por ser o máis completo. 
Ainda que ten marca de auga creo que merece a pena botarlle unha ollada.
Grazas ao seu autor por deixar compartilo!
Parabens ao resto do alumnado, os vídeos están moi ben, e non imaxinades a ilusión que me fai veros ainda que sexa por vídeo!

HEALTHY INFLUENCERS

O alumnado de 4º xa ten nova tarefa! Vanse convertir en Healthy Influencers.
Esperamos impacientes os seus consellos pero imos darlle un plazo razoable para que poidan ordenar as súas ideas.
Deixo un vídeo resume das instruccións da tarefa!

miércoles, 13 de mayo de 2020

XOGAMOS REUTILIZANDO

É sorprendente a cantidade de boas ideas que sairon no proxecto "Xogamos reutilizando".
Déixovos unha máis pero podería facer entradas infinitas co bo traballo do alumnado de 1ºESO.

martes, 12 de mayo de 2020

HÁBITOS SAUDABLES

En EF sempre facemos fincapé en hábitos saudables.
Onte paseando por Pontevedra vi con tristeza como moita xente non cumpría a distancia de seguridade...
Entendo que queirades estar xuntos (demasiado tempo sen vernos) pero debemos cumprir as normas ou volveremos cara atrás.
Vi moitos grupos da vosa idade en cuadrilla, demasiado xuntos...
Podedes vervos pero debemos manter as distancias e desde aquí quérovolo lembrar...
Se pensades que vai ser complicado manter esas distancias, usade mascarilla.
Á vosa idade o perigo non é alto pero lembrade que si podedes contaxiar á vosa familia, a outra persoa máis vulnerable.
Desde o departamento de EF pídovos responsabilidade, confío en vós!
Se queremos volver a nosa vida normal, necesitamos un período de responsabilidade individual.
Entre todos e todas, podemos facelo!!!!



lunes, 11 de mayo de 2020

CONSELLOS PARA FACER ABDOMINAIS

A actividade física é saudable sempre que se faga adecuadamente para evitar lesións.
Deixovos un vídeo con consellos para facer abdominais.

domingo, 10 de mayo de 2020

AS 5 ZONAS DO ADESTRAMENTO

Agora que podemos sair a facer deporte ao aire libre é importante adaptar á actividade física ao noso estado físico.

sábado, 9 de mayo de 2020

viernes, 8 de mayo de 2020

RCP REVOLUTION

O alumnado de 4º da ESO está a traballar contidos de soporte vital básico.
Non olvidedes, a cadena da vida é moi importante.
Lembrades este vídeo que viramos na clase?

SESIÓN DE HIIT

Sabedes o que é o adestramento HIIT?
Consiste nun modelo de adestramento na que a baixa e moderada intensidade altérnanse con intervalos de alta intensidade.
Déixovos un exemplo de adestramento para facer na casa.
Non olvidedes quentar antes de facer actividade física, fixarse na postural corporal en cada exercicio e facer unha volta á calma cando rematamos o adestramento.
Ánimo!

jueves, 7 de mayo de 2020

DE CADEIRA A CADEIRA

Sodes capaces de cambiaros dunha cadeira a outra sen tocar nada coas mans e os pés?
Deixo vídeo e a probar!!!!

miércoles, 6 de mayo de 2020

AEROBIC

O alumnado de 3º ESO leva traballando estes días desde casa a unidade de aeróbic.
Agora estes 15 días teñen unha tarefa especial, crear a súa propia coreografía!
Vamos ser bos e deixarlle máis ideas!
Aquí tendes unha clase de aeróbic completa!
A bailaaaar!!!!

martes, 5 de mayo de 2020

COIDAMOS A NOSA POSTURA

Lembrades o que traballamos nas clases sobre a postura corporal?
Nestes tempos no que tendes que pasar tempo diante do ordenador, non está de máis facer un recordatorio.
Neste vídeo queda moi ben explicado!

lunes, 4 de mayo de 2020

DANZAS DO MUNDO

O alumnado de 1º ESO está a traballar as danzas do mundo na casa pero todos e todas podedes practicar na casa.
Unha boa actividade para facer en familia.
Si picades na ligazón podedes acceder a un blogue onde hai explicadas máis de 100 danzas diferentes.
Podedes descargar audios, ver os vídeos e ver nos PDF´s as explicacións.
A danzar!!!!!


sábado, 2 de mayo de 2020

EMPEZAMOS A CORRER?

Xa por fin podemos empezar a facer actividade física fóra.
Coidado! A actividade física é saudable se seguimos unhas pautas.
Temos que ter coidado para non lesionarnos.
Lembra:
Tendes que quentar antes de facer actividade física e non olvidedes estirar despois de rematar a sesión.
Tamén o inicio ten que ser progresivo, así que deixo un plan para os que queredes iniciaros na carreira!


viernes, 1 de mayo de 2020

BODYJAM

Hoxe imos coñecer outra modalidade de fitness que podemos facer na casa, o Body Jam.
O BodyJam é un programa de adestramento cardiovascular co que os participantes gozan bailando.
Fusiona os estilos de baile máis actuais cos sons de máis éxito (House, Hip Hop, Drum ' n Bass, Trap...)

jueves, 30 de abril de 2020

SESIÓN DE CARDIO

Deixo un adestramento cardiovascular con algún intervalo de alta intensidade.
Dámoslle hoxe un pouco de marcha ao corpo!

miércoles, 29 de abril de 2020

CIRCUITO DE FORZA RESISTENCIA

Non olvidedes que temos que intentar non perder a forma.
Deixo un circuito de forza resistencia para facer na casa.
Arriba eses ánimos!

martes, 28 de abril de 2020

lunes, 27 de abril de 2020

COORDINACIÓN ÓCULO-MANUAL

O alumnado de 2º da ESO está estes días a falar cos maiores e averiguando a qué xogaban de cativos.
Eu lembrei este xogo que me encantaba de pequena, no que se traballa a coordinación óculo-manual.
É sencillo e podedes facer na casa, parece unha chorrada pero é entretido.
Alguén atrévese a probar?

domingo, 26 de abril de 2020

MAQUETA DE FÚTBOL

Tendes aquí outra alternativa feita por alumnado de 1º ESO.
Xa sabedes, con material que temos todos pola casa podemos pasar un bo rato.

sábado, 25 de abril de 2020

AEROTANDEM

Xusto antes da suspensión das clases presenciais, o alumnado de 1º ESO estaba traballando o proxecto "Xogamos Reutilizando".
Tiñamos todo feito e so faltaba a exposición e posta en práctica dos xogos.
Adaptámonos á nova situación e sustituímos esa explicación presencial a través de presentacións coas explicacións.
Déixovos unha das propostas máis orixinais.
Xa sabedes, xogamos utilizando material que temos pola casa, así que podedes levalo a cabo estes días.

viernes, 24 de abril de 2020

BeCORE

Hoxe deixovos unha clase de BeCore.
Trátase dun adestramento da parte central do corpo, abdominais, lumbares, pelvis, glúteos e a musculatura profunda da columna.
Ánimo!

jueves, 23 de abril de 2020

RUTINA SEMANAL

Déixovos unha rutina semanal que pode servir de guía para ocupar o tempo estas semanas.
Non so propón actividade física.
É moi recomendable ter unhas rutinas que facer para no caer no desánimo.
Queda menos para vernos!

miércoles, 22 de abril de 2020

QUEN É CAPAZ?

As veces o que parece máis doado non o é?
Se hai un ano alguén di, rematan as clases en marzo, seguramente botárades foguetes, pero non parece tan emocionante esta situación!
Con este vídeo pasa o mesmo, non é tan doado como parece!
Que é quen de conseguilo?
Veña, a intentalo xa!!!!

martes, 21 de abril de 2020

BORN TO MOVE

Les milles ofrécenos algunha clase en aberto.
Born to move é un programa para os máis pequenos pero os máis maiores tamén podedes pasar un rato divertido.
Se tes un cativo na casa (que seguro que está cheo de enerxía) acompáñao e sacade toda esa enerxía para fóra.
Se non tes un cativo na casa e queres botar unhas risas, tamén é unha opción.
Como sempre, pica na imaxe e acccederás a sesión.
Queda xa menos para vernos!!!


lunes, 20 de abril de 2020

GAP

¿Algunha vez fixeches unha clase de GAP?
Non é o nome dunha gasolineira, é traballo de Glúteos, Abdominais e Pernas:
Hoxe toca un pouco de tonificación.
Moito ánimo!

domingo, 19 de abril de 2020

CIRCUITO 5K E CORRO PORQUE ME TOCA

Valencia Ciudad do Running elaborou un entretido xogo para toda a familia que ten como obxectivo realizar exercicio físico mentres nos divertimos. 
« Circuit  5K e "corro porque me toca" ten a esencia do tradicional Xogo da Oca, pero en cada unha das súas casillass reta aos participantes para mover o seu corpo ou exercitar a súa mente con probas como sentadillas ou preguntas sobre o mundo do running e o ecosistema Valencia Ciudad do Running.
Animádevos!

sábado, 18 de abril de 2020

SH´BAM

Hoxe imos propoñer unha actividade novedosa, o Sh´Bam que propón LesMills (unha das empresas de fitness máis importantes a nivel mundial)
O Sh´Bam combina fitness e baile en divertidas sesións de 45 minutos.
So tes que pinchas na imaxe e accederás a unha clase completa de Sh´Bam.
Proba e xa verás como facer actividade física e pasar un bo rato non é imcompatible.


viernes, 17 de abril de 2020

MÁIS PROPOSTAS

Aquí tendes unha presentación con moitas actividades para facer estes días.
Xa sabedes que a actividade física é fundamental e ademáis tamén sirve para desconectar nestes días tan extraños.
Moito ánimo a todos e a todas.
Xa queda menos!!!

jueves, 16 de abril de 2020

NON OLVIDEDES, A MOVERSE!

Estamos na casa aburridos pero que non sirva de disculpa para non moverse!

BAILAMOS POLO MUNDO

Aquí tendes unha mostra de diferentes estilos de baile.
Móvete ao ritmo da música, percorre o mundo probando cada uno deles.
Esta actividade é voluntaria pero se envías un vídeo facendo un dos bailes poderás acadar puntos extra!

miércoles, 15 de abril de 2020

martes, 14 de abril de 2020

RETO COV-19

Animádevos!
Queredes subir nota?
Vai collendo evidencias do que vas facendo para envialo posteriormente e o redondeo será teu!

lunes, 13 de abril de 2020

PILATES

Neste vídeo accederedes a unha clase de Pilates.
Non tes pelota? Non vos preocupedes, podedes facer unha!

domingo, 12 de abril de 2020

A TUMBA MISTERIOSA

Moitos sodes os que enviáchedes correos preguntando se podía compartir outra procura do tesouro.
Desde a páxina web https://busqueda-del-tesoro.com/ facilitáronme outra.
Estou moi agradecida á persoa que leva a páxina pola súa xenerosidade.
Aquí tendes outra, espero que vos guste tanto coma a anterior.

viernes, 10 de abril de 2020

ESCAPE ROOM

Coñecedes os Escape Rooms?
Son varias as empresas que estes días ofrécennos gratuitamente os seus EscapE Rooms! 
Déixovos hoxe un exemplo.
Dsde a nosa materia temos que ofrecer alternativas para o tempo libre. 
Anímovos a que probedes, adoitan ser moi divertidos. 
É importante que sigades as instrucións. 
Déixovos a ligazón para poder comezar o xogo. 
Para empezar a xogar tedes que descargarvos dous arquivos (déixovos as ligazóns) 
e se nalgún momento perdédesvos tedes pistas
Despois para comezar a xogar tedes o vídeo que vos introduce na historia.
Alguén se anima a probar e a enviar fotos da súa experiencia?

jueves, 9 de abril de 2020

ÚLTIMOS RETOS!

Déixovos un vídeo con 10 retos que propuxestes.
Son moitos os retos recibidos e todos están moi ben.
Deixo aquí esta pequena mostra e desde logo, a imaxinación que non falte.
Un día menos para volver á normalidade!

miércoles, 8 de abril de 2020

SEGUIMOS COS RETOS

Dous retos máis!.
Non modifiquei nada porque necesitades o audio que ven na explicación.
Estou gratamente sorprendida coa cantidade de ideas orixinais que achegades.
Sodes uns cracks!

martes, 7 de abril de 2020

lunes, 6 de abril de 2020

PROCURA DO TESOURO

Hoxe ofrézovos unha actividade moi orixinal que podedes preparar para pasar un intre moi divertido en casa.
Na páxina web https://busqueda-del-tesoro.com/ podedes consultar máis alternativas.
Agradezo desde aquí á responsable da páxina web o dar o seu consentimento para poder compartir este material convosco. 
Non é necesario ter impresora, podedes facer as pistas a man (e así tamén vos entretedes máis tempo).
Moito ánimo, xa queda menos!

domingo, 5 de abril de 2020

HOXE TOCA UN POUCO DE ZUMBA!

Vacacións extrañas pero que non decaiga o ánimo!
Un pouco de ritmo para o domingo!!!!
Xa queda menos!!!
Anima e faino coa túa familia, a bailar un ratiño!

sábado, 4 de abril de 2020

MÁIS RETOS

Xa temos un montón de retos feitos entre todos e todas.
Alguen atrévese? Hainos moi curiosos.
Como estes días non podemos sair por fora, aproveito para investigar aplicacións que hai moi curiosas.
Hoxe doume polo Genially que fai unhas presentacións un pouco máis chulas. Ainda estou en modo novata.
Vai picando nos números e accederás a diferentes retos dos vosos compañeiros e compañeiras.
Anímadevos!

viernes, 3 de abril de 2020

jueves, 2 de abril de 2020

O MEU RETO!

Chegan moitos retos pero eu hoxe lánzovos un reto voluntario!
Buscando, buscando pola rede... Atopeime con isto! 😂😂😂
Quen se atreve a enviar un vídeo de 30 segundos facendo esta coreografía? 
Só ou en familia, para botarvos unhas risas!

CIRCUITO DE EXERCICIOS

Resistinme a tocar este vídeo porque realmente está moi ben feito. 
É unha rutina de exercicios que podedes facer na casa. 
Grazas á compañeira pola súa elaboración e por compartilo cos demais. 
Seguimos aceptando propostas!
Quen quere ser o seguinte? 
Anímadevos!!!!

MÁIS IDEAS PARA MOVERNOS NA CASA

Estes días seguimos atopando ideas de docentes de EF !
Hoxe comparto a primeira idea que deixa a docente do CPI de Cesures.
Se mirades no seu canal, tendes máis sesións.

miércoles, 1 de abril de 2020

E MÁIS VÍDEOS!

Vou un pouco lenta coa edición dos vídeos pero constante!
Aquí tendes máis ideas dos vosos compañeiros/as.
Como sempre, grazas aos que se animan a participar mostrar as súas ideas.
Os demáis, hai que empezar a perder un pouco ese medo a mostrarse!!!
Necesitamos ideas e que mellor se son vosas!!!!

MÁIS RETOS!

Xa temos máis retos.
Bótallede imaxinación e aportade os vosos propios retos!
Por certo, coñecedes a aplicación Padlet? E como un mural interactivo. Pica primeiro en "click the lock..." e poderás visualizar o mural.
Logo pica nos diferentes retos e poderás ver as instruccións!

Hecho con Padlet

martes, 31 de marzo de 2020

RETO 1

Chega xa o primeiro reto dunha compañeira vosa!
Anímadevos a facelo !
Cal será o reto máis orixinal?

OUTRA DE BODY COMBAT

Na miña casa estamos enganchadísimos ao Body Combat!
Neste canal tendes numerosas sesións para mover o esqueleto e pasar un rato divertido!
 Quen se anima?

O NOSO ALUMNADO MÓVESE

Outro vídeo voso con actividades que facedes na casa. Moitas grazas ao alumnado que participa e comparte as súas ideas con todos!!! Seguiremos subindo vídeos!!!

lunes, 30 de marzo de 2020

sábado, 28 de marzo de 2020

ESES VALENTES

Aquí tedes un recompilatorio de actividades que estades a facer en casa.
Moitas grazas a eses valentes que se atreven a mostrar ideas.
Hai vídeos moi chulos pero dalgún e algunha que non lle apetece saír no blogue. 
Se seguides enviando vídeos e non tendes vergonza, subirei máis ideas.
Ánimo! Un día menos


viernes, 27 de marzo de 2020

HOXE TOCA UNHA ACTIVIDADE RELAXANTE!

Nestes días tamén necesitamos algunha actividade relaxante, xa que o peche ás veces fai efecto no noso equilibrio mental. 
Coñecedes o Body Balance? 
Pois este é un bo momento para coñecer este tipo de actividades!
O Body Balance é un programa inspirado no Ioga, Tai Chi e Pilates que mellora a flexibilidade e a forza. 
Os seus exercicios de respiración controlada, concentración, estiramentos, movementos e poses adaptados á música, dan como resultado  un estado de harmonía e equilibrio. 
Pica na imaxe e accederás a unha clase completa de BodyBalance. 
Animarvos a probar!


jueves, 26 de marzo de 2020

BODY COMBAT

A concellería de deportes de Pontevedra e Serviocio BeOne poñen en marcha o programa de adestramento gratuíto #YoEntrenoEnCasa con máis de 300 clases virtuais a través do seu canal en Youtube BeOne Fitness&Sport.
Déixovos unha clase de Body Combat !

miércoles, 25 de marzo de 2020

O XIMNASIO VAI A VOSA CASA!

Outro día menos para voltar á normalidade.
Nestes días vemos moitas iniciativas de xente axudándose.
Algunha conclusión haberá que sacar despoise unha delas é moi clara: axudándonos uns aos outros somos máis fortes.
No ámbito da actividade física son moitos os que comparten as súas actividades.
Hoxe chéganme novas dun ximnasio da Coruña. Emite actividades en directo a través do seu Instagram.
Deixo unha imaxe coa programación destes días e pinchando na foto accederedes ao seu perfil de Instagram.


martes, 24 de marzo de 2020

QUÉ PINTAZA!

Deixo xa aquí o último exemplo de almorzos saudables que foron chegando. Ánimo!!!!


OUTRA OCA DA ACTIVIDADE FÍSICA

Hoxe vai de ocas.
Senon queres facer un taboleiro como na oca anterior, tes esta oca interactiva.
Hai 4 xogadores (máximo), tamén podedes xogar de forma individual.
Pichas no dado para que comence a moverse e outra vez para paralo. Contas e pinchas na casilla na que caes e  sorpresa! saeche a actividade que tes que realizar.
O xogo é sinxelo é tes as instruccións na propia actividade.
Para xogar solo ou en familia!!!!!

SALTAMOS Á COMBA?

A OCA DE EDUCACIÓN FÍSICA

Moitos compañeiros e compañeiras están rompendo a cabeza para ofrecer alternativas para facer actividade física que ao mesmo tempo sexan divertidas.
Encántame esta proposta de Claudio Jiménez que probaremos na casa tamén.
Quen se anima a xogar a esta oca de actividade física?




lunes, 23 de marzo de 2020

ALMORZOS SAUDABLES

O ritmo non para!
Primeiro día da tarefa 3  e xa chegan os primeiros almorzos saudables.
Non olvidedes que ademáis de moverse, temos que levar unha dieta o máis saudable posible.
Deixo algún exemplo dos vosos compañeiros e compañeiras!


ADESTRAMOS NA CASA

Deixo o primeiro adestramento de "Muévete en casa" para que lle botedes unha ollada.
Emítese na 2 de 9:00 a 9:30 horas pero se se vos pegan as sabas, tamén podes visualizalo online.
Hoxe so necesitades unha cadeira, unha toalla e unha botella de auga.
Ánimo!!!

domingo, 22 de marzo de 2020

MÓVETE NA CASA

Bos días.
Parece que isto se alonga...
Paciencia e xa sabedes, quedámonos na casa.
A partir do luns 23 de marzo podemos visualizar de 9:00 a 9:30 da mañá (de luns a venres) o programa "Móvete en casa" no que Cesc Escola (monitor de fitness de Operación Triunfo) impartirá clases de EF.
Se picas na imaxe, accederás a máis información deste programa.
Desde este blogue, anímovos a que sigades estas clases porque aínda que necesitamos estar na casa, tamén é necesario moverse.
Moito ánimo!

sábado, 21 de marzo de 2020

SÁBADO CON RITMO!

Dá igual que sexa sábado que domingo, como temos que estar na casa, seguimos coa proposta de actividades. 
Como é sábado, na miña casa levantámonos con ritmo e estivemos pegando uns bailoteos. 
Se non tes videoconsola, en youtube tedes unha chea de coreografías de Just Dance. 
Non volo ides a crer, pero despois de estar renegando toda a semana pasada porque me volvestes tola con Tusa, hoxe púxena na miña casa porque se vos bota de menos. 
Espero que as vosas familias e vós esteades ben e non esquezades, 
Movémonos en casa porque #euquédomenacasa.
Bicos virtuais (que deses déixannos).

viernes, 20 de marzo de 2020

PARA XOGAR SÓ OU EN FAMILIA

Moitos son os docentes que están a traballar estes días para intentar faceros esta situación un pouco máis fácil. No blog elvalordelaeducacionfisica.com atopei unha actividade divertida. Xuntamos actividade física e azar. Podedes xogar solos ou facer retos en familia. Quen chega antes aos 20 puntos????


Deixo as intruccións dos xogos que podedes adaptar ou modificar ao voso gusto!

jueves, 19 de marzo de 2020

MÁIS IDEAS

ARRIBA ESE ÁNIMO!!!!!!!!!!!!!!!
Hoxe é o día do pai!!! Parabéns aos Pepes e ás Pepas. É festivo pero temos que quedar na casa. Facemos actividade física en familia? Animádevos!!!
PD. Xa sabedes, as pesas pódense sustituir por unas botellas de auga, uns cartóns de leite... que non falte a imaxinación.

martes, 17 de marzo de 2020

QUEDAMOS NA CASA CON RITMO

Apetece un pouco de ritmo? Pois deixo este vídeo onde podes mover un pouco o esqueleto!
Xa sabes, quedamos na casa pero o ritmo non para!!!!
Despois da primeira canción, siguen varias máis !!! A bailar !!!!

lunes, 16 de marzo de 2020

#QUEDAMOSNACASA PERO MOVÉNDONOS

Estes días están a ser atípicos. Como moverse é unha cuestión de saúde irei deixando ideas para quen quera moverse e non oxidarse nestes días de encerro obrigado.

  

lunes, 9 de marzo de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para celebrar o Día Internacional da Muller decidimos darlle visibilidade a esa cantidade de mulleres deportistas realizando un mural sobre moitas delas.
Cada alumno e alumna do IES preparou o cartón coa información básica dunha deportista e entre todos e todas montamos o mural no ximnasio.
Grazas a todos e a todas pola vosa colaboración.

domingo, 1 de marzo de 2020

LIGA DE BALONCESTO

Momentos no recreo, momentos activos.
Neste vídeo podedes ver algún  momento da liga de baloncesto.


sábado, 22 de febrero de 2020

miércoles, 15 de enero de 2020

ACTAS DEPORTES DE EQUIPO

O alumnado de 4º da ESO é o encargado da arbitraxe dos partidos. Para os deportes de equipo haberá que cubrir a acta do partido.
Tendes actas na conserxería e no ximnasio e tamén podedes descargala do blogue.

viernes, 10 de enero de 2020

CALENDARIO LIGA TENIS DE MESA

Aquí podedes consultar o calendario dos partidos de tenis de mesa. Lembrade, se hai coincidencias con outras ligas, avisade para facer as modificacións pertinentes.



jueves, 9 de enero de 2020

CALENDARIO LIGA BÁDMINTON

Lembra ver que número tes asinado e revisa as datas dos partidos.
No caso de coindidencia de partidos, avisa o máis pronto posible!


miércoles, 8 de enero de 2020