viernes, 23 de diciembre de 2022

AS NOSAS DEPORTISTAS

 Do 6 ao 8 de decembro celebrouse Spain Masters de tenis de mesa en Baza. A nosa alumna de 4º, MAriña, participou no mesmo. Parabens!



jueves, 15 de diciembre de 2022

NORMAS SAÍDA COMPRA SAUDABLE

Deixamos aquí un recordatorio das nromas básicas para a saída do vindeiro luns 19.

Lembrade!

1. Vir con calzado cómodo, é tipo Masterchef, tedes un tempo limitado para facer a compra.

2. Podedes parar en diferentes establecementos (panadería, frutería...).

3. Amosade responsabilidade.

4. No caso de producirse (confiamos en que non vai ser así) unha conduta inapropiada, aplicaranse as medidas que procedan segundo establece o regulamento de réxime interno do centro. 

Na imaxe tedes as normas básicas que se deben cumprir durante a actividade.

Espero que vos guste a actividade !



viernes, 9 de diciembre de 2022

COMPRA SAUDABLE

 O vindeiro 19 de decembro o alumnado de 3º ESO poñerá en práctica coñecementos adquirdos durante a unidade didáctica "Actividade Física e Saúde".

sábado, 3 de diciembre de 2022

DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Un día como hoxe, alegrámonos de ter novas de Carla Santoro.

O pasado curso disfrutamos e aprendimos cando veu contar as súas experiencias. Intuimos que non sería a última vez que escoitamos o seu nome. 

O Club Deportivo Delikia acadou o Premio Iberdrola Supera 2022 Inclusión e no seu vídeo promocional , Carla é unha das súas protagomistas.

Parabéns a todos os compoñentes do Club Deportivo Delikia polo seu traballo!

DEPORTISTAS DO INSTITUTO!

 


miércoles, 19 de octubre de 2022

martes, 18 de octubre de 2022

ROUPA NO XIMNASIO

Lembrade revisar as cousas antes de marchar, sigue aparecendo roupa no ximnasio.

Estas son as últimas prendas atopadas, mañá pasarán a caixa de obxetos perdidos (xunto a conserxería).

Debedes ser responsables coas vosas pertenzas.



martes, 11 de octubre de 2022

CARNETS FROITA

Hoxe repartimos os carnets para poder rexistrar o consumo de froita nos recreos. Comezamos con 3 días, pero se queredes, aumentaremos.

Senon solicitaches o carnet, aínda estás a tempo!



viernes, 7 de octubre de 2022

LIGAS NOS RECREOS

Pronto comezaremos as ligas nos recreos. A semana que ven comezan as inscricións.

Para os deportes de equipo temos un novo sistema de puntuación para a clasificación. Consúltao e busca equipo!

Lembrade que as ligas van por niveis: 

Liga 1º-2º ESO 

Liga 3º-4º ESO

meaño leagues de MontseFS

martes, 4 de octubre de 2022

viernes, 30 de septiembre de 2022

ENQUISA INICIAL

Xa temos os resultados da enquisa inicial de curso.

O 50% do noso alumnado practica deporte federado.

O deporte máis practicado é o balonmán (existe un club de balonmán no concello), seguido do fútbol.



Do alumnado que non fai deporte federado, unha alta porcentaxe, fai actividade física no seu tempo de lecer.


Pero o tempo que se lle dedica é inssuficiente. O 50% do alumnado fai menos dunha hora de actividade física ao día.




jueves, 29 de septiembre de 2022

martes, 27 de septiembre de 2022

QUEREDES MELLORAR?

Queredes facer actividade física e non sabedes como? Aquí deixamos unhas pautas que podedes seguir para iniciaros. Anímadevos


Adestramento para 1º - 2º ESO

PLAN ADESTRAMENTO 1-2 ESO de MontseFS

Adestramento 3-4 ESO

PLAN ADESTRAMENTO 3-4 ESO de MontseFS

sábado, 24 de septiembre de 2022

OS RÉCORDS DE MEAÑO

Tras facer a proba da Course Navette , salto horizontal e 4x10 establecemos os récords por curso e os récords do centro.


Récords Meaño de MontseFS

martes, 20 de septiembre de 2022

sábado, 18 de junio de 2022

sábado, 4 de junio de 2022

AS NOSAS DEPORTISTAS

As nosas alumnas de 3ºESO, Mariña e Laura, participan  no Wtt Youth Contender en Platja D'aro. 




GAÑADORES DO CONCURSO FAMILIAS ACTIVAS

Foi un pouco decepcionante a escasa participación no concurso Familias Activas. Aínda así agradecemos as 4 familias que presentaron os seus vídeos a súa aportación.

O resultado da votación deu como gañadores á Familia Lope Saco que recibirá o seu agasallo o último día de clase. As demáis familias tamén recibirán un diploma acreditando a súa partipación en agradecemento a súa colaboración.

Deixamos o vídeo gañador e fragmentos dos demáis participantes.

domingo, 15 de mayo de 2022

CERTIFICACIÓNS SAVE THE CHILDREN

Chegounos ao centro o agradecemento e o diploma da nosa participación na Carreira Solidaria Save The Children. Grazas a todos e a todas pola vosa colaboración.




jueves, 12 de mayo de 2022

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN

O pasado 27 de abril para celebrar o Día da EF o alumnado do instituto participou nunha Carreira Solidaria onde se recolleron fondos para a ONG Save The Children.

miércoles, 4 de mayo de 2022

RECAUDACIÓN E INGRESO CARREIRA SOLIDARIA

O pasado luns 2 de maio fixemos o reconto dos cartos recadados: 1197,32 Euros!!!!!

Os cartos xa foron ingresados na ONG Save The Children. 

Deixamos o xustificante da recadación e do ingreso para que poidades comprobar que a operación se fixo correctamente.

Agradecemos a colaboración de toda a comunidade educativa. 


Aviso: Os apelidos do alumnado e o curso non é público pola lei de protección de datos. Calquera membro da comunidade educativa que queira ter acceso ao documento orixinal pode facelo de forma presencial no centro pedindo cita ao departamento de EF.

miércoles, 27 de abril de 2022

Día da EF

Hoxe 27 de abril, Día da EF , combinamos actividade física e solidaridade coa nosa Carreira solidaria.


martes, 26 de abril de 2022

jueves, 21 de abril de 2022

FINAL TORNEO VOLEIBOL 4ESO

Xa temos gañadores do Torneo de Voleibol.

Os Pesados de Meaño de 4ºA son os campións do Torneo 2022.


Añadir un título de MontseFS

lunes, 11 de abril de 2022

AS NOSAS DEPORTISTAS

O pasado 2 de abril, 4 alumnas de 2º ESO participaron no Campionato de España de Piragüismo celebrado en Sevilla. 

Parabéns pola vosa participación e a seguir adestrando!

domingo, 10 de abril de 2022

EXPRESÁMONOS

O alumnado de 4º ESO fixo uns videoclips na unidade didáctica de Expresión Corporal. Deixo as súas aportacións.

martes, 5 de abril de 2022

FINAL LIGA VOLEIBOL 4ºESO

Este venres temos a gran final de voleibol de 4º ESO. Xogarán Os Pesados de Meaño-Karasuno. 

Sorte aos finalistas!



lunes, 4 de abril de 2022

CONCURSO FAMILIAS ACTIVAS

Este curso temos unha novidade: O concurso Familias Activas!

Temos moita ilusión neste proxecto xa que buscamos fomentar hábitos saudables e de vida activa en familia.

Haberá un premio en material deportivo para os gañadores.

Esperamos que teña boa acollida entre todos e todas. 

Os vídeos entregaranse do 19 ao 23 de abril ao correo electrónico montseferreira@iesmeanho.com indicando o nome do alumno ou alumna. Pódese entregar un vídeo por alumno/a. 

Os vídeos serán publicados nos canles do centro.

Para saber máis, pincha en información! 

Concurso Familias Activas de MontseFS

sábado, 26 de marzo de 2022

jueves, 3 de marzo de 2022

Xogo de Pistas 21 Días en Galego

Estes días, nos recreos, cada curso participou nun xogo de pistas. A dinámica era moi doada, buscar por todo o recinto as preguntas agachadas e contestalas no punto de control. Podíase pedir axuda aos docentes e ao resto de persoal do centro. 
Os gañadores de cada curso recibiron un agasallo saudable: unha bolsa con 3 pezas de froita.
Grazas a todos e a todas pola vosa participación!



miércoles, 2 de marzo de 2022

DEPORTISTAS GALEGOS

Dentro do Proxecto dos 21 Días en Galego, o alumnado de 1º ESO fixo un mural para o noso ximnasio cos nosos e as nosas deportistas!





martes, 22 de febrero de 2022

BÚSCANSE DEPORTISTAS DE MEAÑO

Queredes puntos extra en EF? a porposta é unha tarefa de investigación.

Coñecedes deportistas do voso concello? Vamos facerlle unha homenaxe! 

Non fai falta ter ido aos Xogos Olímpicos. Podedes rememorar deportistas doutros tempos! Haberá unha Teresa Portela no concello? e un Gómez Noya? 

Anímadevos a participar!

Póster deportistas de Meaño de MontseFS