sábado, 23 de diciembre de 2023

Titorial Tarefa Nadal

 Aquí podedes consultar o titorial para facer a actividade do nadal. 

Lembrade, hai que facer un mínimo de 10 actividades das 18. Tedes que ir creando evidencias de cada actividade (foto ou vídeo curto, máximo 15 segundos). non é necesario que salga a vosa cara, podedes saír de costas, de lado...) Se sabedes traballar en Canva e soamente necesitades saber como compartir unha ligazón pública, podedes avanzar ata o minuto 5,10.

Boas festas!

viernes, 22 de diciembre de 2023

BONO DEPORTE

 A partir do 8 de xaneiro poderase solicitar o bono deporte. O alumnado participante en XOGADE poderá facer a solicitude co seu identificador na seguinte ligazón https://www.bonodeporte.gal/



lunes, 4 de diciembre de 2023

Autorización DAFIS

 Arquivo para descargar no caso de non ter entregada a autorización para incluir os datos na plataforma DAFIS e ter interese en obter o informe

domingo, 26 de noviembre de 2023

MOVÉMONOS AO AIRE LIBRE

Esta semana, aproveitando que tiñamos que botar o plástico dunhas botellas ao contenedor adecuado, fixemos unha clase diferente! O alumnado de 2B probou a facer algúns exercicios nas máquinas que temos cerca do centro ainda que a maioría, optou polos bambáns!



sábado, 25 de noviembre de 2023

SAÍDA CAMPO LAMEIRO

 O pasado 22 de novembro visitamos o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro facendo un percorrido polo mesmo.



miércoles, 11 de octubre de 2023

COIDAMOS A NOSA ESPALDA

Comezamos coa campaña de sensibilización para o coidado da espalda. 

Importante:

Revisa a túa mochila, non traigas cousas innecesarias.

Leva a mochila nunha boa posición.

Nas clases, intentamos ter a espalda dereita!







domingo, 8 de octubre de 2023

RECREOS ACTIVOS

 Comezamos co préstamo de material deportivo nos recreos.


Respecta as normas de uso de material




lunes, 26 de junio de 2023

ENQUISA HÁBITOS SAUDABLES

Deixamos algúns datos da enquisa feita ás familias. Os datos non son moi significativos xa que de máis de 200 alumnos e alumnas no centro, só obtimos 37 respostas aínda así cabe destacar algún dato.

Coa pequena mostra vemos que casi un 30% non fai actividade física fóra do centro.

Casi un 70% do alumnado dispón de ordenador ou/e móbil con conexión a internet na súa habitación.


Casi un 75% do alumnado non fai o mínimo de actividade física recomendado pola OMS (fuente)

Só un 30% do alumnado pasa menos de dúas horas diante de pantallas.

Como dato positivo, a maioría das familias que fixeron a enquisa dalle moita importancia a que os seus fillos e fillas fagan actividade física. Desde o departamento de EF seguiremos intentando que o alumnado aumente o tempo que realiza actividade física.

Grazas as familias que contestaron a enquisa. Esperamos ter máis éxito en próximas propostas!

domingo, 4 de junio de 2023

RCP NA AULA

Co programa RCP na aula todo o alumnado do centro recibiu formación en Soporte Vital Básico. O alumnado de 4ESO que superou as probas pertinentes xa ten aquí o seu diploma acreditativo. 




martes, 30 de mayo de 2023

DIN NON Á VIOLENCIA

Desde o departemanto de EPeV achéganos estes carteis feitos polo alumnado de 4ESO! 

O vindeiro curso buscaremoslle espazo no ximnasio!



domingo, 28 de mayo de 2023

XOGAMOS A BALONMÁN

O pasado 25 de maio, o alumnado de 1ESO participou nunhas xornadas otganizadas dentro do programa XOGADE. Puideron disfrutar xogando a balonmán. 

domingo, 21 de mayo de 2023

AS NOSAS DEPORTISTAS

 A nosa alumna Paloma achéganos unha foto do seu equipo xogando a final da liga infantil de balonmán.



martes, 16 de mayo de 2023

II XORNADAS DE XOGOS TRADICIONAIS

Este 16 de maio o alumnado de 2ESO que non acudiu a Spring Week puido disfrutar das II Xornadas de Xogos Tradicionais organizadas a través do programa XOGADE.



sábado, 22 de abril de 2023

ANDAINA ECOLÓXICA

O departamento de Tecnoloxía organizou unha andaina para o 19 de abril. O alumnado de 1º , 2º e 4º ESO recollou lixo da beira do río e o alumnado de 3ºESO coloocou trampas de velutinas. Coma sempre que hai actividade física, o departamento de EF colaborou na actividade.



domingo, 5 de marzo de 2023

CARREIRA DE ORIENTACIÓN

O pasado 28 de febreiro o alumnado de 4ESO participou na carreira de orientación celebrada na Illa das Esculturas en Pontevedra dentro do programa XOGADE.



lunes, 27 de febrero de 2023

OS NOSOS DEPORTISTAS

 A nosa compañeira de 2ESO, Lara, participou no Campionato Galego de Seleccións Comarcais de fútbol. Parabéns!



domingo, 26 de febrero de 2023

RECOMENDACIÓNS DE ACTIVIDADE FÍSICA

O ministerio de sanidade presenta as recomendacións de actividade física e exemplos de actividades que podemos realizar para ter uns hábitos saudables. Achegamos ditas recomendacións.






martes, 14 de febrero de 2023

SAIMOS NA PRENSA!

Hoxe o diario de Pontevedra dedicanos unha reportaxe sobre as Xornadas de Xogos Tradicionais nas que participamos o pasado 8 de febreiro.



domingo, 12 de febrero de 2023

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

Catro das nosas alumnas participaron no Campionato Provincial de Campo a Través celebrado hoxe 12 de febreiro en Castrelos (Vigo).



miércoles, 8 de febrero de 2023

XOGOS TRADICIONAIS

O pasado 8 de febreiro xunto o alumnado de 2ESO participou nas Xornadas de Xogos Tradicionais organizadas dentro do programa XOGADE.



lunes, 6 de febrero de 2023

AS NOSAS DEPORTISTAS

 A nosa alumna de 2º, Lara, foi convocada na  selección de sub14 RFGF Pontevedra sub14 de fútbol.



sábado, 4 de febrero de 2023

LIGAS

Deixamos unha foto resumo do desenvolvemento das ligas nos recreos. Seguimos con bádminton, balonmán, tenis de mesa, fútbol e baloncesto.



domingo, 22 de enero de 2023

CASTELO DE SOUTOMAIOR E SALINAS DE ULLÓ

O pasado 18 de xaneiro o alumnado visitou o Castelo de Soutomaior. O departamento de EF en colaboración co departamento de tecnoloxía (organizador da actividade) propuso incluir a ruta polas Salinas de Ulló.

Despois de comer tamén fixemos un tramo da senda do Lérez en Pontevedra.

miércoles, 18 de enero de 2023

BALONCESTO NOS RECREOS

 O próximo 21 comezan os partidos de baloncesto. En primeiro ciclo anotáronse 2 equipos, así que xogarán ao mellor de 5 partidos. O equipo gañador enfrentarase ao equipo de segundo ciclo!



sábado, 14 de enero de 2023

VISITA DO ADESTRADOR DO ASMUBAL (BLM)

O pasado 12 de xaneiro tivemos a sorte de contar co adestrador do Asmubal Meaño no centro. 

Explicounos que nunca é tarde para cumprir obxectivos. El incorporouse ao balonmán xa con 16 anos e iso non impidiu que acadara medallas nos Mundiais de Balonmán Praia.

Deixamos vídeo resumo da xornada e non olvidedes que estades convidados a acudir aos adestramentos que se celebran no pavillón de Coirón-Dena polas tardes. 

Probar non custa nada, desde o departamento de EF animamos ao alumnado a acudir a estes adestramentos.



XORNADA CAMPO A TRAVÉS (XOGADE)

Por fin a metereoloxía permitiu acudir á Xornada de Campo a Través do programa Xogade.

Varios dos nosos alumnos e alumnas clasificáronse para o Campionato Provincial:

1º ESO: Daniela

2º ESO: Íker, Lope, Lara e Aroa

3º ESO: Lorena, Candela e Silvia

Parabens a todo o alumnado participante!

sábado, 7 de enero de 2023

XINCANA DO NADAL

O pasado 22 de decembro, o alumnado de 4 ESO participou na Xincana do Nadal, intentando contaxiar espíritu navideño por Dena.