domingo, 15 de mayo de 2022

CERTIFICACIÓNS SAVE THE CHILDREN

Chegounos ao centro o agradecemento e o diploma da nosa participación na Carreira Solidaria Save The Children. Grazas a todos e a todas pola vosa colaboración.




jueves, 12 de mayo de 2022

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN

O pasado 27 de abril para celebrar o Día da EF o alumnado do instituto participou nunha Carreira Solidaria onde se recolleron fondos para a ONG Save The Children.

miércoles, 4 de mayo de 2022

RECAUDACIÓN E INGRESO CARREIRA SOLIDARIA

O pasado luns 2 de maio fixemos o reconto dos cartos recadados: 1197,32 Euros!!!!!

Os cartos xa foron ingresados na ONG Save The Children. 

Deixamos o xustificante da recadación e do ingreso para que poidades comprobar que a operación se fixo correctamente.

Agradecemos a colaboración de toda a comunidade educativa. 


Aviso: Os apelidos do alumnado e o curso non é público pola lei de protección de datos. Calquera membro da comunidade educativa que queira ter acceso ao documento orixinal pode facelo de forma presencial no centro pedindo cita ao departamento de EF.