viernes, 23 de diciembre de 2022

AS NOSAS DEPORTISTAS

 Do 6 ao 8 de decembro celebrouse Spain Masters de tenis de mesa en Baza. A nosa alumna de 4º, MAriña, participou no mesmo. Parabens!



jueves, 15 de diciembre de 2022

NORMAS SAÍDA COMPRA SAUDABLE

Deixamos aquí un recordatorio das nromas básicas para a saída do vindeiro luns 19.

Lembrade!

1. Vir con calzado cómodo, é tipo Masterchef, tedes un tempo limitado para facer a compra.

2. Podedes parar en diferentes establecementos (panadería, frutería...).

3. Amosade responsabilidade.

4. No caso de producirse (confiamos en que non vai ser así) unha conduta inapropiada, aplicaranse as medidas que procedan segundo establece o regulamento de réxime interno do centro. 

Na imaxe tedes as normas básicas que se deben cumprir durante a actividade.

Espero que vos guste a actividade !



viernes, 9 de diciembre de 2022

COMPRA SAUDABLE

 O vindeiro 19 de decembro o alumnado de 3º ESO poñerá en práctica coñecementos adquirdos durante a unidade didáctica "Actividade Física e Saúde".

sábado, 3 de diciembre de 2022

DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Un día como hoxe, alegrámonos de ter novas de Carla Santoro.

O pasado curso disfrutamos e aprendimos cando veu contar as súas experiencias. Intuimos que non sería a última vez que escoitamos o seu nome. 

O Club Deportivo Delikia acadou o Premio Iberdrola Supera 2022 Inclusión e no seu vídeo promocional , Carla é unha das súas protagomistas.

Parabéns a todos os compoñentes do Club Deportivo Delikia polo seu traballo!

DEPORTISTAS DO INSTITUTO!