viernes, 29 de mayo de 2020

FASE 2

Deixo unha imaxe das actividades ao aire libre que podedes facer na Fase 2 na que nos atopamos.
Se queredes máis información do resto de actividades deportivas (ligas, piscinas...) picde na imaxe.


jueves, 28 de mayo de 2020

martes, 26 de mayo de 2020

XA PODEMOS NADAR


Xa podemos ir a praia.
Que mellor lugar (ainda que a auga está un pouco fría en Galicia) para facer actividade física.
Deixovos algúns dos beneficios de nadar.
1. Atrasa o proceso de envellecemento 
A natación axudaranos a sentirnos mozas durante máis tempo evitando que os problemas de mobilidade, flexibilidade e de osos maniféstense antes de tempo. 
2. Axuda a aumentar a nosa capacidade motriz 
Nadar implica coordinar as nosas extremidades e respiración. Así mesmo, axúdanos a ter un mellor equilibrio e ter un tempo de reacción máis eficiente e rápido. 
3. Mellora a memoria 
Isto débese aos exercicios de respiración que se poñen en práctica ao nadar, os cales axudan a osixenar o cerebro. Ademais, a coordinación motriz favorece a que o noso cerebro teña que crear novos lazos neuronais. 
4. Queima un maior número de calorías 
Ao ser un exercicio sumamente completo, nadar é unha das mellores opcións para queimar maiores cantidades de calorías. Por suposto, isto débese a que a auga provoca que as nosas extremidades teñan que facer un maior esforzo para moverse. 
5. Fai o noso corpo máis resistente P
or unha banda, axúdanos a desenvolver unha capacidade pulmonar moito maior, adquirindo unha maior capacidade de resistencia anaeróbica. 
Por outra banda, a natación ten incidencia no fortalecemento dos nosos osos, polo que o noso corpo en xeral é moito máis forte. 
6. Dá maior flexibilidade
Permítenos ter maior mobilidade, exercitando as articulacións. Como resultado diso adquirimos maior flexibilidade, elevando á súa vez o noso rango de movemento. 
7. Favorece o bo funcionamento do sistema cardiorrespiratorio
Cando nadamos necesitamos realizar exercicios de respiración, os cales teñen un efecto positivo no noso corpo. Principalmente, isto provoca unha maior capacidade pulmonar e que o noso cerebro osixénese polo que axuda a que o noso sistema cardiorrespiratorio funcione adecuadamente. 
8. Elimina dores de costas 
Na actualidade, moitos especialistas recomendan a hidroterapia para curar certos padecimientos, sobre todo as dores musculares. Unha das zonas máis beneficiadas respecto diso é as costas: nadar constantemente pode diminuír ou curar dores de costas e aumentar a súa flexibilidade. Así mesmo, nadar tamén se utiliza en terapias para persoas con problemas motrices. Os beneficios de nadar fan que mostren avances en pouco tempo. 
9. Mellora a circulación 
Cando nadamos, cada órgano do noso corpo recibe unha lixeira masaxe, o que activa o sangue e fainos sentir mellor. 
10. Relaxa 
Finalmente, nadar é unha actividade ou exercicio relaxante. Cando nadamos, os nosos músculos realizan un gran esforzo, polo que se tensan. Ao final, este proceso provoca que os mesmos músculos reláxense e descansen, dándonos unha sensación de lixeireza e benestar. 
Nadar é un dos exercicios máis completos que poderemos realizar.

lunes, 25 de mayo de 2020

SEGUIMOS TRABALLANDO

Seguimos traballando na distancia, botando de menos as vosas risas, os vosos berros, o barullo do instituto... desexando que máis pronto que tarde todo remate.
Déixovos dous traballos do alumnado de 2º  da unidade Expresamos Arte.
Bicos virtuais!!!




sábado, 23 de mayo de 2020

EXPRESAMOS ARTE

O alumnado de 2º ESO está a traballar contidos relacionados coa expresión corporal.
Decidimos facer o challenge que xurdiu no confinamento e a verdade é que están a chegar cousas moi boas!


viernes, 22 de mayo de 2020

PONLLE FRENO

Aínda que a situación de alerta sanitaria do Covid-19 obrigou a aprazar a carreira solidaria Ponlle Freo que tiña que celebrarse o 20 de xuño en Pontevedra, Atresmedia, en colaboración coa Fundación AXA e Rede de Talleres CGA, decidiu organizar para esas datas a primeira proba popular da iniciativa en formato virtual e sincronizada en toda España.
A carreira desenvolverase entre os días 20 e 21 de xuño, terá un carácter de homenaxe ao doutor Jesús Vaqueiro, falecido por Covid-19, e a recadación íntegra destinarase ao ensaio clínico de lesións medulares que liderou como xefe do Servizo de Neuroloxía da Fundación para a Investigación Biomédica do Hospital Universitario Porta de Hierro (Majadahonda) durante 20 anos. 
Poderase participar desde calquera lugar de España de maneira individual a través dunha app, nas modalidades de 5 e 10 quilómetros. 
As inscricións xa están abertas na plataforma " carrerasponlefreno. com".
Se picades na imaxe, accederás á ligazón para inscribiros!


jueves, 21 de mayo de 2020

MIRADOR DE SAN CIBRÁN DE COVAS

Seguindo a proposta destes días, deixo outro lugar precioso do voso concello.
" Na parroquia de Cobas (Meaño) pódese alcanzar un punto desde o que se divisan extraordinarias vistas sobre a ría de Arousa e a chaira cos seus pequenos ríos, entre os que sobresae o Chanca, que desemboca en Dena. 
Este río contribúe á formación das marismas do Complexo Umia-O Grove. San Cibrán é un miradoiro desde o que se pode facer o observador unha idea da paisaxe do Salnés, ao completo." FONTE: Mancomunidade Salnés.
Pica na imaxe para ver a súa localización.



miércoles, 20 de mayo de 2020

MIRADOR DE SIMES

Estes días o tempo está espectacular. Como xa podedes sair a dar un paseo sigo coa proposta de lugares que tendes no voso concello e que dependendo do  situación do voso domicilio, podedes ir a visitar dando un paseo.
Ás veces temos preto da casa lugares preciosos que non apreciamos. Por que non aproveitar esta situación para valoralos?
Deixo unha breve referencia deste mirador
"Atópase nunha paraxe onde houbo unha fortaleza medieval que tivo gran protagonismo na defensa das costas de Galicia, seguro relacionada coa que aínda conserva os seus cimentos á beira da ermida da Lanzada ou a de San Sadurniño fronte á vila de Cambados." FONTE: Salnés Mancomunidade.
Pica na foto e poderás ver a súa localización.


martes, 19 de mayo de 2020

TELLEIRA DE DENA

Tendes un lugares espectaculares para dar un paseo.
Xa sabedes que no voso concello xa non tendes franxas horarias pero sí as medidas de distanciamento social e os paseos deben ser a un kilómetro do voso domicilio.
Deixo outro lugar que se queda preto da vosa casa ao que ir a pasear.
Ademáis de facer actividade física, podedes coñecer o voso contorna.
Deixoo unha reseña da Telleira de Dena:
"Atópase na chamada Ría de Dena na desembocadura do río Chanca, nunha área xeolóxica de acumulación de arxila. Dende Castrelo ata o Grove houbo ata 28 telleiras.
A uns metros había unha serrería da que aínda quedan estructuras.
As paredes son de cachotes de pedra e dobres, vanse facendo máis estreitas na parte superior.
Ó forno é de planta cadrada cunha estructura prismática ou tronco-piramidal, quedando unha parte por debaixo da terra.
No interior as paredes son cilíndricas e estan revestidas con ladrillo e barro (materiais refractarios).
Ó norte atópase a porte de encañar, e ao sur a porta de desencañar. Esta última atópase pechada con ladrillo (só se abre no momento de utilizala).
Na parte externa do muro este, ten uns chanzos de pedra que permiten o acceso á parte superior do forno, para dende alí poder controlar a cocción.
Na parte superior esta a cuberta cunha cúpula feita de ladrillo cunhas xanelas. A cúpula remata en cheminea.
Pola parte oeste está pechada por un muro" Fonte: Patrimonio Galego
Si picades na imaxe podedes ver unha entrada comentando un paseo e a localización.


lunes, 18 de mayo de 2020

CAMIÑAMOS

Noraboa!
Tendes a sorte que o voso concello é menor de 10000 habitantes e xa non tendes franxas horarias.
O tempo acompaña, así que aproveitade de sair ao aire libre a facer actividade física.
Non olvidedes as normas:
- Se sodes menores de 14 años, acompañados dun adulto.
- Se ides a correr non hai límite de distancia (non podedes sair do concello)
- Se ides a camiñar non hai límite de tempo pero sí de distancia (non afastarse máis dun kilómetro do domicilio).
E o máis importante, RESPETADE A DISTANCIA SOCIAL! Non vamos pegadiños que non nos perdemos!
Tendes a sorte de estar rodeados de natureza, aproveitadea.
Como exemplo deixo a Ruta dos Molinos de Lores. Se queda moi lonxe da vosa casa, buscade outro lugar que tendes moitos moi chulos.
Pincha na imaxe e accederás á ligazón da ruta.
Bicos a todos e a todas!


domingo, 17 de mayo de 2020

17 MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Normalmente o departamento de EF dedica a semana das letras galegas a lembrar e practicar xogos tradicionais galegos.
Este ano déixovos un arquivo de con diferentes xogos tradicionais galegos.
Devandito documento foi realizado por Brinquedia que é a Rede Galega do Xogo Tradicional. 
O alumnado de 2º ESO traballou estes xogos telemáticamente. 
Contactaron cos seus familiares maiores para que lles contasen a que xogaban de pequenos, explicaron un xogo tradicional e despois puxérono en práctica. 
Se queredes practicar máis xogos, consultade este documento. 
Temos que manter vivo o noso patrimonio cultural.

sábado, 16 de mayo de 2020

XA TEMOS O PRIMEIRO PASEO

Empezan a chegar as primeiras tarefas dos de 1º e 2º da ESO!
Por fin actividade física ao aire libre!!!
Falta menos para poder vernos.
Moito ánimo!

viernes, 15 de mayo de 2020

A MARIOLA

Lembrades este xogo?
Eu de pequena xogaba un montón pero chamabámoslle o peletre.

O TROMPO

Hoxe é o día das Letras Galegas.
O alumnado de 2º ESO estivo facendo xogos tradicionais estes días.
Deixo un exemplo dun xogo tradicional galego, o trompo, enviado por unha alumna de 2º ESO.

SAIMOS AO AIRE LIBRE

Xa levamos semanas que se pode saír de casa, así que a tarefa desta semana para 1º e 2º realizarase ao aire libre.
Como vos dixen nas instrucións, os menores de 14 anos tedes que ir acompañados dun adulto e non vos podedes afastar máis dun quilómetro do voso domicilio.
Seguindo esas normas, que mellor que facer actividade física ao aire libre?
 Non vos esquezades de que tedes que sacar fotos! 
Se algún alumno ou alumna doutro curso anímase, déixovos as instrucións da actividade.

jueves, 14 de mayo de 2020

PRIMEIROS AUXILIOS

Nos vídeos de 4º da ESO sobre soporte vital básica hai cousas moi ben feitas.
Comparto este por ser o máis completo. 
Ainda que ten marca de auga creo que merece a pena botarlle unha ollada.
Grazas ao seu autor por deixar compartilo!
Parabens ao resto do alumnado, os vídeos están moi ben, e non imaxinades a ilusión que me fai veros ainda que sexa por vídeo!

HEALTHY INFLUENCERS

O alumnado de 4º xa ten nova tarefa! Vanse convertir en Healthy Influencers.
Esperamos impacientes os seus consellos pero imos darlle un plazo razoable para que poidan ordenar as súas ideas.
Deixo un vídeo resume das instruccións da tarefa!

miércoles, 13 de mayo de 2020

XOGAMOS REUTILIZANDO

É sorprendente a cantidade de boas ideas que sairon no proxecto "Xogamos reutilizando".
Déixovos unha máis pero podería facer entradas infinitas co bo traballo do alumnado de 1ºESO.

martes, 12 de mayo de 2020

HÁBITOS SAUDABLES

En EF sempre facemos fincapé en hábitos saudables.
Onte paseando por Pontevedra vi con tristeza como moita xente non cumpría a distancia de seguridade...
Entendo que queirades estar xuntos (demasiado tempo sen vernos) pero debemos cumprir as normas ou volveremos cara atrás.
Vi moitos grupos da vosa idade en cuadrilla, demasiado xuntos...
Podedes vervos pero debemos manter as distancias e desde aquí quérovolo lembrar...
Se pensades que vai ser complicado manter esas distancias, usade mascarilla.
Á vosa idade o perigo non é alto pero lembrade que si podedes contaxiar á vosa familia, a outra persoa máis vulnerable.
Desde o departamento de EF pídovos responsabilidade, confío en vós!
Se queremos volver a nosa vida normal, necesitamos un período de responsabilidade individual.
Entre todos e todas, podemos facelo!!!!



lunes, 11 de mayo de 2020

CONSELLOS PARA FACER ABDOMINAIS

A actividade física é saudable sempre que se faga adecuadamente para evitar lesións.
Deixovos un vídeo con consellos para facer abdominais.

domingo, 10 de mayo de 2020

AS 5 ZONAS DO ADESTRAMENTO

Agora que podemos sair a facer deporte ao aire libre é importante adaptar á actividade física ao noso estado físico.

sábado, 9 de mayo de 2020

viernes, 8 de mayo de 2020

RCP REVOLUTION

O alumnado de 4º da ESO está a traballar contidos de soporte vital básico.
Non olvidedes, a cadena da vida é moi importante.
Lembrades este vídeo que viramos na clase?

SESIÓN DE HIIT

Sabedes o que é o adestramento HIIT?
Consiste nun modelo de adestramento na que a baixa e moderada intensidade altérnanse con intervalos de alta intensidade.
Déixovos un exemplo de adestramento para facer na casa.
Non olvidedes quentar antes de facer actividade física, fixarse na postural corporal en cada exercicio e facer unha volta á calma cando rematamos o adestramento.
Ánimo!

jueves, 7 de mayo de 2020

DE CADEIRA A CADEIRA

Sodes capaces de cambiaros dunha cadeira a outra sen tocar nada coas mans e os pés?
Deixo vídeo e a probar!!!!

miércoles, 6 de mayo de 2020

AEROBIC

O alumnado de 3º ESO leva traballando estes días desde casa a unidade de aeróbic.
Agora estes 15 días teñen unha tarefa especial, crear a súa propia coreografía!
Vamos ser bos e deixarlle máis ideas!
Aquí tendes unha clase de aeróbic completa!
A bailaaaar!!!!

martes, 5 de mayo de 2020

COIDAMOS A NOSA POSTURA

Lembrades o que traballamos nas clases sobre a postura corporal?
Nestes tempos no que tendes que pasar tempo diante do ordenador, non está de máis facer un recordatorio.
Neste vídeo queda moi ben explicado!

lunes, 4 de mayo de 2020

DANZAS DO MUNDO

O alumnado de 1º ESO está a traballar as danzas do mundo na casa pero todos e todas podedes practicar na casa.
Unha boa actividade para facer en familia.
Si picades na ligazón podedes acceder a un blogue onde hai explicadas máis de 100 danzas diferentes.
Podedes descargar audios, ver os vídeos e ver nos PDF´s as explicacións.
A danzar!!!!!


sábado, 2 de mayo de 2020

EMPEZAMOS A CORRER?

Xa por fin podemos empezar a facer actividade física fóra.
Coidado! A actividade física é saudable se seguimos unhas pautas.
Temos que ter coidado para non lesionarnos.
Lembra:
Tendes que quentar antes de facer actividade física e non olvidedes estirar despois de rematar a sesión.
Tamén o inicio ten que ser progresivo, así que deixo un plan para os que queredes iniciaros na carreira!


viernes, 1 de mayo de 2020

BODYJAM

Hoxe imos coñecer outra modalidade de fitness que podemos facer na casa, o Body Jam.
O BodyJam é un programa de adestramento cardiovascular co que os participantes gozan bailando.
Fusiona os estilos de baile máis actuais cos sons de máis éxito (House, Hip Hop, Drum ' n Bass, Trap...)