martes, 31 de marzo de 2020

RETO 1

Chega xa o primeiro reto dunha compañeira vosa!
Anímadevos a facelo !
Cal será o reto máis orixinal?

OUTRA DE BODY COMBAT

Na miña casa estamos enganchadísimos ao Body Combat!
Neste canal tendes numerosas sesións para mover o esqueleto e pasar un rato divertido!
 Quen se anima?

O NOSO ALUMNADO MÓVESE

Outro vídeo voso con actividades que facedes na casa. Moitas grazas ao alumnado que participa e comparte as súas ideas con todos!!! Seguiremos subindo vídeos!!!

lunes, 30 de marzo de 2020

domingo, 29 de marzo de 2020

sábado, 28 de marzo de 2020

ESES VALENTES

Aquí tedes un recompilatorio de actividades que estades a facer en casa.
Moitas grazas a eses valentes que se atreven a mostrar ideas.
Hai vídeos moi chulos pero dalgún e algunha que non lle apetece saír no blogue. 
Se seguides enviando vídeos e non tendes vergonza, subirei máis ideas.
Ánimo! Un día menos


viernes, 27 de marzo de 2020

HOXE TOCA UNHA ACTIVIDADE RELAXANTE!

Nestes días tamén necesitamos algunha actividade relaxante, xa que o peche ás veces fai efecto no noso equilibrio mental. 
Coñecedes o Body Balance? 
Pois este é un bo momento para coñecer este tipo de actividades!
O Body Balance é un programa inspirado no Ioga, Tai Chi e Pilates que mellora a flexibilidade e a forza. 
Os seus exercicios de respiración controlada, concentración, estiramentos, movementos e poses adaptados á música, dan como resultado  un estado de harmonía e equilibrio. 
Pica na imaxe e accederás a unha clase completa de BodyBalance. 
Animarvos a probar!


jueves, 26 de marzo de 2020

BODY COMBAT

A concellería de deportes de Pontevedra e Serviocio BeOne poñen en marcha o programa de adestramento gratuíto #YoEntrenoEnCasa con máis de 300 clases virtuais a través do seu canal en Youtube BeOne Fitness&Sport.
Déixovos unha clase de Body Combat !

miércoles, 25 de marzo de 2020

O XIMNASIO VAI A VOSA CASA!

Outro día menos para voltar á normalidade.
Nestes días vemos moitas iniciativas de xente axudándose.
Algunha conclusión haberá que sacar despoise unha delas é moi clara: axudándonos uns aos outros somos máis fortes.
No ámbito da actividade física son moitos os que comparten as súas actividades.
Hoxe chéganme novas dun ximnasio da Coruña. Emite actividades en directo a través do seu Instagram.
Deixo unha imaxe coa programación destes días e pinchando na foto accederedes ao seu perfil de Instagram.


martes, 24 de marzo de 2020

QUÉ PINTAZA!

Deixo xa aquí o último exemplo de almorzos saudables que foron chegando. Ánimo!!!!


OUTRA OCA DA ACTIVIDADE FÍSICA

Hoxe vai de ocas.
Senon queres facer un taboleiro como na oca anterior, tes esta oca interactiva.
Hai 4 xogadores (máximo), tamén podedes xogar de forma individual.
Pichas no dado para que comence a moverse e outra vez para paralo. Contas e pinchas na casilla na que caes e  sorpresa! saeche a actividade que tes que realizar.
O xogo é sinxelo é tes as instruccións na propia actividade.
Para xogar solo ou en familia!!!!!

SALTAMOS Á COMBA?

A OCA DE EDUCACIÓN FÍSICA

Moitos compañeiros e compañeiras están rompendo a cabeza para ofrecer alternativas para facer actividade física que ao mesmo tempo sexan divertidas.
Encántame esta proposta de Claudio Jiménez que probaremos na casa tamén.
Quen se anima a xogar a esta oca de actividade física?




lunes, 23 de marzo de 2020

ALMORZOS SAUDABLES

O ritmo non para!
Primeiro día da tarefa 3  e xa chegan os primeiros almorzos saudables.
Non olvidedes que ademáis de moverse, temos que levar unha dieta o máis saudable posible.
Deixo algún exemplo dos vosos compañeiros e compañeiras!


ADESTRAMOS NA CASA

Deixo o primeiro adestramento de "Muévete en casa" para que lle botedes unha ollada.
Emítese na 2 de 9:00 a 9:30 horas pero se se vos pegan as sabas, tamén podes visualizalo online.
Hoxe so necesitades unha cadeira, unha toalla e unha botella de auga.
Ánimo!!!

domingo, 22 de marzo de 2020

MÓVETE NA CASA

Bos días.
Parece que isto se alonga...
Paciencia e xa sabedes, quedámonos na casa.
A partir do luns 23 de marzo podemos visualizar de 9:00 a 9:30 da mañá (de luns a venres) o programa "Móvete en casa" no que Cesc Escola (monitor de fitness de Operación Triunfo) impartirá clases de EF.
Se picas na imaxe, accederás a máis información deste programa.
Desde este blogue, anímovos a que sigades estas clases porque aínda que necesitamos estar na casa, tamén é necesario moverse.
Moito ánimo!

sábado, 21 de marzo de 2020

SÁBADO CON RITMO!

Dá igual que sexa sábado que domingo, como temos que estar na casa, seguimos coa proposta de actividades. 
Como é sábado, na miña casa levantámonos con ritmo e estivemos pegando uns bailoteos. 
Se non tes videoconsola, en youtube tedes unha chea de coreografías de Just Dance. 
Non volo ides a crer, pero despois de estar renegando toda a semana pasada porque me volvestes tola con Tusa, hoxe púxena na miña casa porque se vos bota de menos. 
Espero que as vosas familias e vós esteades ben e non esquezades, 
Movémonos en casa porque #euquédomenacasa.
Bicos virtuais (que deses déixannos).

viernes, 20 de marzo de 2020

PARA XOGAR SÓ OU EN FAMILIA

Moitos son os docentes que están a traballar estes días para intentar faceros esta situación un pouco máis fácil. No blog elvalordelaeducacionfisica.com atopei unha actividade divertida. Xuntamos actividade física e azar. Podedes xogar solos ou facer retos en familia. Quen chega antes aos 20 puntos????


Deixo as intruccións dos xogos que podedes adaptar ou modificar ao voso gusto!

jueves, 19 de marzo de 2020

MÁIS IDEAS

ARRIBA ESE ÁNIMO!!!!!!!!!!!!!!!
Hoxe é o día do pai!!! Parabéns aos Pepes e ás Pepas. É festivo pero temos que quedar na casa. Facemos actividade física en familia? Animádevos!!!
PD. Xa sabedes, as pesas pódense sustituir por unas botellas de auga, uns cartóns de leite... que non falte a imaxinación.

martes, 17 de marzo de 2020

QUEDAMOS NA CASA CON RITMO

Apetece un pouco de ritmo? Pois deixo este vídeo onde podes mover un pouco o esqueleto!
Xa sabes, quedamos na casa pero o ritmo non para!!!!
Despois da primeira canción, siguen varias máis !!! A bailar !!!!

lunes, 16 de marzo de 2020

#QUEDAMOSNACASA PERO MOVÉNDONOS

Estes días están a ser atípicos. Como moverse é unha cuestión de saúde irei deixando ideas para quen quera moverse e non oxidarse nestes días de encerro obrigado.

  

lunes, 9 de marzo de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para celebrar o Día Internacional da Muller decidimos darlle visibilidade a esa cantidade de mulleres deportistas realizando un mural sobre moitas delas.
Cada alumno e alumna do IES preparou o cartón coa información básica dunha deportista e entre todos e todas montamos o mural no ximnasio.
Grazas a todos e a todas pola vosa colaboración.

domingo, 1 de marzo de 2020

LIGA DE BALONCESTO

Momentos no recreo, momentos activos.
Neste vídeo podedes ver algún  momento da liga de baloncesto.