lunes, 26 de junio de 2023

ENQUISA HÁBITOS SAUDABLES

Deixamos algúns datos da enquisa feita ás familias. Os datos non son moi significativos xa que de máis de 200 alumnos e alumnas no centro, só obtimos 37 respostas aínda así cabe destacar algún dato.

Coa pequena mostra vemos que casi un 30% non fai actividade física fóra do centro.

Casi un 70% do alumnado dispón de ordenador ou/e móbil con conexión a internet na súa habitación.


Casi un 75% do alumnado non fai o mínimo de actividade física recomendado pola OMS (fuente)

Só un 30% do alumnado pasa menos de dúas horas diante de pantallas.

Como dato positivo, a maioría das familias que fixeron a enquisa dalle moita importancia a que os seus fillos e fillas fagan actividade física. Desde o departamento de EF seguiremos intentando que o alumnado aumente o tempo que realiza actividade física.

Grazas as familias que contestaron a enquisa. Esperamos ter máis éxito en próximas propostas!

domingo, 4 de junio de 2023

RCP NA AULA

Co programa RCP na aula todo o alumnado do centro recibiu formación en Soporte Vital Básico. O alumnado de 4ESO que superou as probas pertinentes xa ten aquí o seu diploma acreditativo. 




martes, 30 de mayo de 2023

DIN NON Á VIOLENCIA

Desde o departemanto de EPeV achéganos estes carteis feitos polo alumnado de 4ESO! 

O vindeiro curso buscaremoslle espazo no ximnasio!



domingo, 28 de mayo de 2023

XOGAMOS A BALONMÁN

O pasado 25 de maio, o alumnado de 1ESO participou nunhas xornadas otganizadas dentro do programa XOGADE. Puideron disfrutar xogando a balonmán. 

domingo, 21 de mayo de 2023

AS NOSAS DEPORTISTAS

 A nosa alumna Paloma achéganos unha foto do seu equipo xogando a final da liga infantil de balonmán.



martes, 16 de mayo de 2023

II XORNADAS DE XOGOS TRADICIONAIS

Este 16 de maio o alumnado de 2ESO que non acudiu a Spring Week puido disfrutar das II Xornadas de Xogos Tradicionais organizadas a través do programa XOGADE.



sábado, 22 de abril de 2023

ANDAINA ECOLÓXICA

O departamento de Tecnoloxía organizou unha andaina para o 19 de abril. O alumnado de 1º , 2º e 4º ESO recollou lixo da beira do río e o alumnado de 3ºESO coloocou trampas de velutinas. Coma sempre que hai actividade física, o departamento de EF colaborou na actividade.