jueves, 3 de octubre de 2024
miércoles, 2 de octubre de 2024
BAILA NOS RECREOS
Comezamos o club de baile do instituto!
Os xoves no segundo recreo, ven a ximnasio a mover o esqueleto e xa sabedes, facer actividade física ten premio!!!!
miércoles, 25 de septiembre de 2024
ESCOLA DE TENIS DE MESA
Gústache o tenis de mesa? Anímate e proba, deixamos cartel informativo da Escola de tenis de mesa de Meaño.
jueves, 19 de septiembre de 2024
CARREIRA SOLIDARIA LEO
Animamos a todo o alumnado a participar na Carreira Solidaria de Leo que se celebrará o vindeiro 29 de setembro en Meis. Podedes participar na carreira ou na andaina e como sabes, obterás puntos extra para a materia.
O obxectivo deste evento, que trascende o deportivo, é dar visibilidade, apoiar e recadar fondos que axuden a mellorar a calidade de vida de nenos e nenas que padecen enfermidades raras, severas ou crónicas.
O prazo de inscrición remata o luns 23 de setembro. Tedes toda a información na seguinte ligazón Información
A saída das CARREIRAS e da ANDAINA será dende Praza de España (O Mosteiro).
domingo, 15 de septiembre de 2024
ADESTRAR TEN PREMIO
Xa tedes en Edixgal os diferentes certificados para asinar mes a mes que adestrades. Non olvidedes a data nos que tedes que subilos a Edixgal!
- Adestramentos de setembro-outubro e novembro: data límite 10 de decembro.
- Adestramentos de decembro-xaneiro-febreiro e marzo : data límite 6 de abril.
- Adestramentos abril-maio: data límite 10 de xuño.
martes, 10 de septiembre de 2024
COMO ATARSE AS ZAPATILLAS
Todos os anos boto o mesmo discurso: Atade os cordóns!!!
É moi importante ter ben atado o calzado xa que disminúe o risco de lesións.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
.png)

