jueves, 3 de marzo de 2022

Xogo de Pistas 21 Días en Galego

Estes días, nos recreos, cada curso participou nun xogo de pistas. A dinámica era moi doada, buscar por todo o recinto as preguntas agachadas e contestalas no punto de control. Podíase pedir axuda aos docentes e ao resto de persoal do centro. 
Os gañadores de cada curso recibiron un agasallo saudable: unha bolsa con 3 pezas de froita.
Grazas a todos e a todas pola vosa participación!



miércoles, 2 de marzo de 2022

DEPORTISTAS GALEGOS

Dentro do Proxecto dos 21 Días en Galego, o alumnado de 1º ESO fixo un mural para o noso ximnasio cos nosos e as nosas deportistas!





martes, 22 de febrero de 2022

BÚSCANSE DEPORTISTAS DE MEAÑO

Queredes puntos extra en EF? a porposta é unha tarefa de investigación.

Coñecedes deportistas do voso concello? Vamos facerlle unha homenaxe! 

Non fai falta ter ido aos Xogos Olímpicos. Podedes rememorar deportistas doutros tempos! Haberá unha Teresa Portela no concello? e un Gómez Noya? 

Anímadevos a participar!

Póster deportistas de Meaño de MontseFS

jueves, 23 de diciembre de 2021

RESUMO XINCANA NAVIDEÑA

O alumnado de 4º ESO para comezar este período de vacacións con espíritu navideño participou nunha Xincana que desenvolveuse por Dena. Deixamos vídeo resumo da actividade. Felices festas!