domingo, 18 de mayo de 2025

LETRAS GALEGAS

O pasado 16 de maio con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, todo o alumnado do centro participou nunha xincana organizada desde a materia de 4º ESO Proxecto Competencial "Actívate". 
Como broche final rematamos bailando unha muiñeira.




domingo, 11 de mayo de 2025

SAÍDA FRANCÉS

O pasado 6 de maio o alumnado de 2ºESO foi a Vilanova a participar nun encontro con alumnado doutros centros de Galicia onde tiñan que cantar unha canción en francés. 
Camiñamos ata a praia do Torreón para ir comer e gozamos realizando actividade física ao aire libre.


domingo, 4 de mayo de 2025

IX ANDAINA DAS SAÍÑAS

O pasado 1 de maio o noso alumno Rubén participou na IX Andaina solidaria e saudable onde partiparon Rogelio Castro (mariñeiro e influencer) e Jordi Carrasco (campión do mundo de maratón M50). 




CESA TENIS DE MESA

Os días 17, 18, 19 e 20 de abril celebrouse o Campionato de España de Seleccións autonómicas en Idade Escolar (CESA) de tenis de mesa en Alcobendas, Madrid.
A nosa alumna Alba foi seleccionada para formar parte da selección galega neste campionato. 
Parabéns!




domingo, 27 de abril de 2025

jueves, 10 de abril de 2025

FINAL4 B CADETE FEMININA

Este fin de semana dispútase en Coirón a Final4 Cadete Feminina  e moitas das vosas compañeiras participan na busca dunha praza no sector nacional. 

Deixamos calendario de partidos e ide preparando bufanda e camiseta! 

Estade atentos as redes sociais do Asmubal.

Moita sorte rapazas!!!!




viernes, 4 de abril de 2025

CAMPINATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN

Este xoves 3 de abril o alumnado de 4º ESO participou no Campionato Provincial Escolar de Orientación celebrado en Zamáns Vigo a través do Programa Xogade.
Esta actividade é moi motivante porque combina a carreira coa interpretación de mapas de orientación.



martes, 1 de abril de 2025

DRAGON BOAT

O luns 31 de marzo o alumnado de 1º ESO disfrutou dunha xornada de Dragon Boat a través do Programa XOGADE.
Tamén repartiuse froita ao rematar a actividade para consolidar hábitos saudables.



lunes, 24 de febrero de 2025

CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO DE NATACIÓN ARTÍSTICA

O pasado finde semana a nosa alumna Sofía participou co seu equipo no Campionato Galego de Natación Artística. Parabéns!


miércoles, 12 de febrero de 2025

CTO. GALEGO PIRAGÜISMO K2

O pasado 8 de febreiro a nosa alumna Candela participou no Campionato Galego de Piragüismo celebrado no Complexo Deportivo David Cal na modalidade de K2.





martes, 4 de febrero de 2025

CTO. GALEGO PIRAGÜISMO K4

O pasado 1 de febreiro a nosa alumna Candela participou no Campionato Galego de Piraguismo celebrado en Castrelo de Miñosna modalidade de K4. Parabens!








miércoles, 22 de enero de 2025

COMER PROITA TEN PREMIO

Xa temos servicio de cafeteríano centro  e tedes froita á vosa disposición.
Descarga o teu albúm de froita e consigue cromos! 
Se mercas froita na cefetería, daranche un cromo. Se traes froita da casa, lembra pasar por conserxería e consigue o teu cromo. 
Antes da avaliación terás unha data para mostrar o teu álbum e acadarás puntos extra na materia!




Liga galega de figuras de natación artística

O pasado 18 de xaneiro a nosa alumna Sofía participou na Liga Galega de figuras celebrada en Ourense.