jueves, 21 de noviembre de 2024

CAMPO A TRAVÉS XOGADE

O  pasado 13 de novembro o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO acudiu a Montalvo para participar no na fase zonal do campo a través. 

viernes, 8 de noviembre de 2024

HOMENAXE A NOSA CAMPIOA!

A nosa alumna Candela participou a semana pasada no Mundial de Barco Dragón en Filipinas, representando a España como padexeira da embarcación nacional conseguindo o segundo posto na categoría DB20 2000 metros mixto.
Este xoves quixémoslle sorprender cunha pequena homenaxe á súa chegada ao centro.



jueves, 7 de noviembre de 2024

ESCOLA DE ATLETISMO EN CAMBADOS

O club de atletismo de Cambados deixou información para que vaiades probar as súas escolas. Deixamos horarios en función da vosa data de nacemento e teléfono de contacto.





domingo, 3 de noviembre de 2024

CAMPIONATO DO MUNDO DRAGON BOAT

Desde Filipinas chegan novas moi boas!
A nosa alumna Candela proclamouse subcampioa do mundo en DB22 Mixto 2000 metros! Tamén formou parte do equipo a nosa ex alumna Lorena!
Parabéns as dúas e estamos desexando falar con Candela para que nos conte a súa experiencia! 





SAMAIN

Deixamos resumo das actividades que se fixeron o pasado mércores 30!


Tamén tivemos actuación do club de baile! 






lunes, 28 de octubre de 2024

RETOS MES DE NOVEMBRO

Deixamos titoriais dos retos do mes de novembro. Xa sabedes, podedes practicar nos primeiros recreos todo o mes e na última semana comprobaremos quen é o gañador ou gañadora dos retos. Podes intentar un reto, dous ou os tres! 

RETO ROCÓDROMO

Quen é o máis veloz facendo ida e volta o rocódromo? Busca o camiño máis rápido e despois practica ata facelo á máxima velocidade!!!!



RETO CORDA

Cal é  a parella que é capaz de facer maior número de saltos nun minuto? 



RETO VOLEIBOL

Cal é  a parella que é capaz de facer maior número de toques seguindo a secuencia do videotitorial?







miércoles, 16 de octubre de 2024

miércoles, 9 de octubre de 2024

CARREIRA LEO 2024

Desde o departamento de EF premiamos facer actividade física fóra do centro, se a actividade é solidaria, moito mellor!

Deixamos foto da participación do noso alumnado na Carreira Solidaria de Leo celebrada o pasado 29 de setembro en Meis.




martes, 8 de octubre de 2024

ASMUBAL MEAÑO

O pasado 18 de setembro e hoxe recibimos a visita dos adestradores do club de balonmán Asmubal. Xa sabedes que estades invitados e invitadas a probar. Podedes pasar polo pavillón de Coirón a partir das 17:00 horas !



sábado, 5 de octubre de 2024

VELA XOGADE

O pasado 24 de setembro acudimos dentro do programa XOGADE á actividade de vela. Ainda que a metereoloxía con acompañaba moito, aprendimos aspectos básicos desde deporte e saímos ao mar.





viernes, 4 de octubre de 2024

jueves, 3 de octubre de 2024

CLUB DE BAILE

Deixamos ligazón da canción que estamos a traballar no Club de Baile dos xoves! Podedes practicar na casa se vos apetece!!!!

miércoles, 2 de octubre de 2024

BAILA NOS RECREOS

Comezamos o club de baile do instituto! 
Os xoves no segundo recreo, ven a ximnasio a mover o esqueleto e xa sabedes, facer actividade física ten premio!!!!




miércoles, 25 de septiembre de 2024

ESCOLA DE TENIS DE MESA

Gústache o tenis de mesa? Anímate e proba, deixamos cartel informativo da Escola de tenis de mesa de Meaño.



jueves, 19 de septiembre de 2024

CARREIRA SOLIDARIA LEO

Animamos a todo o alumnado a participar na Carreira Solidaria de Leo que se celebrará o vindeiro 29 de setembro en Meis. Podedes participar na carreira ou na andaina e como sabes, obterás puntos extra para a materia.
O obxectivo deste evento, que trascende o deportivo, é dar visibilidade, apoiar e recadar fondos que axuden a mellorar a calidade de vida de nenos e nenas que padecen enfermidades raras, severas ou crónicas.

O prazo de inscrición remata o luns 23 de setembro. Tedes toda a información na seguinte ligazón Información

A saída das CARREIRAS e da ANDAINA será dende Praza de España (O Mosteiro).



domingo, 15 de septiembre de 2024

ADESTRAR TEN PREMIO

Xa tedes en Edixgal os diferentes certificados para asinar mes a mes que adestrades. Non olvidedes a data nos que tedes que subilos a Edixgal!

  1. Adestramentos de setembro-outubro e novembro: data límite 10 de decembro. 
  2. Adestramentos de decembro-xaneiro-febreiro e marzo : data límite 6 de abril. 
  3. Adestramentos abril-maio: data límite 10 de xuño. 

martes, 10 de septiembre de 2024

COMO ATARSE AS ZAPATILLAS

Todos os anos boto o mesmo discurso: Atade os cordóns!!!
É moi importante ter ben atado o calzado xa que disminúe o risco de lesións.

NORMAS BÁSICAS

Comezamos o curso e lembramos as normas básicas da materia. Benvidos!

sábado, 20 de julio de 2024

jueves, 20 de junio de 2024

TITORIAIS PARQUES BIOSAUDABLES

O alumnado de 4º ESO fixo un dossier con explicación de uso das máquinas que atopamos nos parques biosaudables de Meaño. 
En cada diapositiva temos a descrición, os aspectos importantes a ter en conta e un código QR no que podemos acceder a un vídeo coa execución correcta.


domingo, 16 de junio de 2024

viernes, 14 de junio de 2024

XXVIII CAMPEONATO DE ESPAÑA DE MARATÓN

O pasado 8 de xuño celebrouse o XVIII Cto. de España de maratón o en Castrelo do Miño coa participación das nosas alumnas Lucía, Nuria, Lorena e Candela. Deixamos fotos aportadas por Lucía. A seguir traballando!



jueves, 13 de junio de 2024

lunes, 10 de junio de 2024

QUERES FACER DEPORTE?

Este curso o alumnado de 4º ESO fixo carteis informativos de diferentes deportes. Picando ao lado da icona de cada un deles, podedes acceder a información sobre os clubs máis próximos onde podedes practicar devanditos deportes.

miércoles, 5 de junio de 2024

COPA DE ESPAÑA SPRINT CADETE

As nosas alumnas Lorena, Nuria, Lucía e Candela participaron o pasado 1 de xuño na Copa de España de Sprint celebrada en Verducido.
Parabéns a todas e a seguir padexando!







domingo, 26 de mayo de 2024

domingo, 19 de mayo de 2024

XOGOS TRADICIONAIS

O pasado 15 de maio o alumnado de 2º ESO participou en Nantes na xornada de xogos tradicionais organizada pola Agrupación Deportiva do Salnés do programa XOGADE,
O alumnado disfrutou xogando aos bolos celtas, a chave e a billarda.




WTT YOUTH CONTENDER TENIS DE MESA

A nosa alumna Alba participou coa selección española de tenis de mesa no WTT Youth Contender Platja D’Aro en Girona celebrado en Cataluña os días 13, 14, 15 e 16 de maio nas categorías U15, U17 e U15 dobles mixtos. Parabéns!



sábado, 18 de mayo de 2024

APRENDIZAXE SERVICIO

Este ano volvemos realizar unha actividade de servizo á comunidade. 
Todo o alumnado do centro acudiu á praia da Lanzada a retirar plásticos do areal. Ademais a volta ao instituto realizámola camiñando!




jueves, 16 de mayo de 2024

FESTA DA BICICLETA CAMBADOS

A nosa alumna Andrea participou o pasado 12 de maio na Festa da Bicicleta celebrada en Cambados con saída da Plaza de Fefiñáns.



domingo, 12 de mayo de 2024

LIGA DE BÁDMINTON 4º ESO

 Comezamos as ligas de bádminton de 4ºESO

FINAL 4 CADETE FEMININA 2023/2024 BALONMÁN

As nosas alumnas Carlota, Alba e Paloina infórmanos de que elas e outras compañeiras do centro calsificáronse  para o Campionato da Final4 cadete femenino, o cal se disputou en Tui no pavillón municipal Gustavo Rodriguez.
Acadaron o pase á final e quedaron subcampioas da Final 4, obtendo o 4º posto na táboa da Liga Ouro (máxima liga) en Galicia, quedando a 5 goles para pasar aos sectores nacionais do Campionato de España.

Máis información













martes, 7 de mayo de 2024

FINAL FOUR BALONMÁN

O pasado fin de semana a nosa alumna de 1º participou co seu equipo Asmubal Meaño na Final Four de balonmán celebrado no pavillón deportivo de Tui.




II COPA GALEGA SPRINT JUNIOR EMB.EQUIPO

As nosas alumnas non hai que as pare! A pasada fin de semana subiron de categoría para sisputar a II Copa Galega de embarcacións de equipo celebrada o 4 de maio en Verducido. Nin o mal tempo as para. Sodes unhas cracks!






domingo, 5 de mayo de 2024

ITF WORLD TENNIS TOUR M15 SANXENXO 2024

A nosa alumna María viviu unha experiencia inolvidable  no ITF World Tennin Tour M15 colaborando recollendo pelotas. Unha bonita forma de vivir este campionato!





VIII ANDAINA SAUDABLE E SOLIDARIA

Varias das nosas alumnas participaron o pasado 1 de maio na VIII Andaina  Saudable e Solidaria celebrada en Cambados e organizada pola Asociación de Mulleres Rurais "As Saiñas" e a Fundación Andrea.



domingo, 28 de abril de 2024

MÓVETE COAS TRADICIÓNS

O alumnado de 1º ESOxa ten acceso en Edixgal a todas as clases prácticas da unidade para poder practicar na casa!



sábado, 20 de abril de 2024

DRAGON BOAT

O pasado 15 de abril o alumnado de 1ESO acudiu dentro do programa XOGADE  á actividade de Dragon Boat no que colabora a Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra. Foi unha xornada inolvidable!







miércoles, 17 de abril de 2024

DÍA DA EF

No día da EF compartimos este material para recordar o importante da práctica de actividade física.



martes, 16 de abril de 2024

ENTREVISTA NO DIARIO DE PONTEVEDRA

Hoxe no Diario de Pontevedra podemos ler unha entrevista á nosa alumna Lorena, unha gran deportista. Se queres ler a entrevista completa, pica na imaxe!



RCP NA AULA

Todo o alumnado do noso centro está a recibir formación en Soporte Vital Básico. Ademais o alumnado de 4º que supere os contidos recibirá unha certificación da formación.



domingo, 14 de abril de 2024

BALONMÁN PRAIA

O pasado 12 de abril o alumnado de 1ºESO disfrutou dunha xornada de balonmán praia dentro do programa XOGADE a que acudieron alumnos e alumnas doutros centros da zona. O club de balonmán ASMUBAL colaborou con esta actividade. Pasamos unha mañán moi divertida!



lunes, 8 de abril de 2024

CAMPIONATO DE ESPAÑA PIRAGÜISMO

O pasado fin de semana celebrouse o Campionato de España de Cadete de fondo en Cazalegas (Toledo). Contamos neste campionato coa participación de catro das nosas alumnas do centro: Candela, Lorena, Nuria e Lucía.
Cabe destacar o segundo posto acadado pola nosa alumna Lorena. Ademais todas as súas compañeiras entraron en control.
Parabéns a todas e a seguir traballando!