Sempre ao comezar o curso facemos unha enquisa para coñecer a cantidade de actividade física que fai o noso alumnado.
Destacar que máis da metade do noso alumnado (57,3 %) fai deporte federado, sendo o fútbol e o balonmán os dous con máis practicantes.
Preocupános que hai un 23,4 % que afirma facer menos de dúas horas de actividade física á semana (moi por debaixo das recomendacións da OMS).