lunes, 26 de junio de 2023

ENQUISA HÁBITOS SAUDABLES

Deixamos algúns datos da enquisa feita ás familias. Os datos non son moi significativos xa que de máis de 200 alumnos e alumnas no centro, só obtimos 37 respostas aínda así cabe destacar algún dato.

Coa pequena mostra vemos que casi un 30% non fai actividade física fóra do centro.

Casi un 70% do alumnado dispón de ordenador ou/e móbil con conexión a internet na súa habitación.


Casi un 75% do alumnado non fai o mínimo de actividade física recomendado pola OMS (fuente)

Só un 30% do alumnado pasa menos de dúas horas diante de pantallas.

Como dato positivo, a maioría das familias que fixeron a enquisa dalle moita importancia a que os seus fillos e fillas fagan actividade física. Desde o departamento de EF seguiremos intentando que o alumnado aumente o tempo que realiza actividade física.

Grazas as familias que contestaron a enquisa. Esperamos ter máis éxito en próximas propostas!

domingo, 4 de junio de 2023

RCP NA AULA

Co programa RCP na aula todo o alumnado do centro recibiu formación en Soporte Vital Básico. O alumnado de 4ESO que superou as probas pertinentes xa ten aquí o seu diploma acreditativo.