domingo, 24 de diciembre de 2023
sábado, 23 de diciembre de 2023
TITORIAL TAREFA NADAL
Aquí podedes consultar o titorial para facer a actividade do nadal.
Lembrade, hai que facer un mínimo de 10 actividades das 18. Tedes que ir creando evidencias de cada actividade (foto ou vídeo curto, máximo 15 segundos). non é necesario que salga a vosa cara, podedes saír de costas, de lado...) Se sabedes traballar en Canva e soamente necesitades saber como compartir unha ligazón pública, podedes avanzar ata o minuto 5,10.
Boas festas!
viernes, 22 de diciembre de 2023
BONO DEPORTE
A partir do 8 de xaneiro poderase solicitar o bono deporte. O alumnado participante en XOGADE poderá facer a solicitude co seu identificador na seguinte ligazón https://www.bonodeporte.gal/
domingo, 17 de diciembre de 2023
CTO. PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS XOGADE
O pasado 16 de decembro o alumno Martín participou no Cto. Provincial de Campo a través XOGADE celebrado en Zamáns (Vigo). A súa participación foi posible ao clasificarse no campionato zonal celebrado en Montalvo.
sábado, 16 de diciembre de 2023
XV CARREIRA POPULAR VIGO +11
O pasado 10 de decembro o noso alumno Martín participou na XV Carreira Popular de Vigo quedando nun meritorio 5º posto na categoría sub14.
domingo, 10 de diciembre de 2023
ENTREVISTA A LORENA
Despois do seu éxito no Campionato de España por autonomías o alumnado de proxecto competencial de 4ºESO decidiu facerlle unha entrevista.
Pica na icona para acceder á entrevista 📻
RECOMENDACIÓN LIBRO
Deixamos a recomendación dunha compañeira vosa sobre un libro do que é protagonista Almudena Cid!
PONTEANDADA SOLIDARIA
O pasado día 3 de decembro a nosa alumna Claudia participou na PonteAndada Solidaria que se celebrou en Pontevedra.
domingo, 26 de noviembre de 2023
MOVÉMONOS AO AIRE LIBRE
Esta semana, aproveitando que tiñamos que botar o plástico dunhas botellas ao contenedor adecuado, fixemos unha clase diferente! O alumnado de 2B probou a facer algúns exercicios nas máquinas que temos cerca do centro ainda que a maioría, optou polos bambáns!
sábado, 25 de noviembre de 2023
SAÍDA CAMPO LAMEIRO
O pasado 22 de novembro visitamos o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro en colaboración co Departamento de XeH, facendo un percorrido polo mesmo.
jueves, 23 de noviembre de 2023
CARREIRA POPULAR CONCELLO DE RIANXO
O pasado 19 de novembro o noso alumno Martín participou na Carreira Popular de Rianxo na categoría sub14 acadando un meritorio 8º posto.
jueves, 16 de noviembre de 2023
martes, 14 de noviembre de 2023
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE PIRAGÜISMO POR AUTONOMÍAS
A pasada fin de semana a nosa alumna Lorena quedou campioa de España en K1 e K4 representando á selección galega de piragüismo. Ao chegar ao instituto quixemos facerlle a nosa particular homenaxe!
Parabén campioa!
domingo, 12 de noviembre de 2023
PRE-ESTATAL ZONA NORTE TENIS DE MESA
A nosa alumna Alba participou no Pre-estatal zona norte de tenis de mesa celebrado en Abadiño (Bizcaia) os días 3, 4 e 5 de novembro acadando a medalla de prata.
sábado, 4 de noviembre de 2023
sábado, 21 de octubre de 2023
domingo, 15 de octubre de 2023
MARCHA CONTRA O CANCRO
O pasado 8 de outubro a nosa alumna María participou coa súa familia na V Marcha contra o cancro realizada en Pontevedra.
sábado, 14 de octubre de 2023
PLAY OFF LIGA DE OURO BALONMÁN
A nosa alumna Soraya informanos de que ela con outras compañeiras do centro xogaron os Play Off da Liga de ouro os días 6, 7 e 8 de outubro en Vigo, conseguindo alzanzar o seu obxectivo.
miércoles, 11 de octubre de 2023
COIDAMOS A NOSA ESPALDA
Comezamos coa campaña de sensibilización para o coidado da espalda.
Importante:
Revisa a túa mochila, non traigas cousas innecesarias.
Leva a mochila nunha boa posición.
Nas clases, intentamos ter a espalda dereita!
domingo, 8 de octubre de 2023
CARREIRA SOLIDARIA LEO
O pasado 1 de outubro algún dos nosos alumnos/as participaron na I Carreira Solidaria de Leo celebrada en Meis. Grazas pola vosa participación!
domingo, 1 de octubre de 2023
CARNET DEPORTISTA
Xa sabedes , facer deporte ten premio. Se adestran en algún club, xa sabes, todos os meses podes descargar de Edixgal o teu carnet de deportista e levalo ao teu club e levalo ao teu club para que cho sele o teu adestrador/a. Xa tedes á vosa disposición o do mes de setembro. Déixovos un exemplo de carné!
domingo, 17 de septiembre de 2023
ENQUISA INICIO DE CURSO
Sempre ao comezar o curso facemos unha enquisa para coñecer a cantidade de actividade física que fai o noso alumnado.
Destacar que máis da metade do noso alumnado (57,3 %) fai deporte federado, sendo o fútbol e o balonmán os dous con máis practicantes.
Preocupános que hai un 23,4 % que afirma facer menos de dúas horas de actividade física á semana (moi por debaixo das recomendacións da OMS).
lunes, 26 de junio de 2023
ENQUISA HÁBITOS SAUDABLES
Deixamos algúns datos da enquisa feita ás familias. Os datos non son moi significativos xa que de máis de 200 alumnos e alumnas no centro, só obtimos 37 respostas aínda así cabe destacar algún dato.
Coa pequena mostra vemos que casi un 30% non fai actividade física fóra do centro.
Casi un 70% do alumnado dispón de ordenador ou/e móbil con conexión a internet na súa habitación.domingo, 4 de junio de 2023
RCP NA AULA
Co programa RCP na aula todo o alumnado do centro recibiu formación en Soporte Vital Básico. O alumnado de 4ESO que superou as probas pertinentes xa ten aquí o seu diploma acreditativo.
martes, 30 de mayo de 2023
DIN NON Á VIOLENCIA
Desde o departemanto de EPeV achéganos estes carteis feitos polo alumnado de 4ESO!
O vindeiro curso buscaremoslle espazo no ximnasio!
domingo, 28 de mayo de 2023
XOGAMOS A BALONMÁN
O pasado 25 de maio, o alumnado de 1ESO participou nunhas xornadas otganizadas dentro do programa XOGADE. Puideron disfrutar xogando a balonmán.
domingo, 21 de mayo de 2023
AS NOSAS DEPORTISTAS
A nosa alumna Paloma achéganos unha foto do seu equipo xogando a final da liga infantil de balonmán.
martes, 16 de mayo de 2023
II XORNADAS DE XOGOS TRADICIONAIS
Este 16 de maio o alumnado de 2ESO que non acudiu a Spring Week puido disfrutar das II Xornadas de Xogos Tradicionais organizadas a través do programa XOGADE.
sábado, 22 de abril de 2023
ANDAINA ECOLÓXICA
O departamento de Tecnoloxía organizou unha andaina para o 19 de abril. O alumnado de 1º , 2º e 4º ESO recollou lixo da beira do río e o alumnado de 3ºESO coloocou trampas de velutinas. Coma sempre que hai actividade física, o departamento de EF colaborou na actividade.
domingo, 5 de marzo de 2023
CARREIRA DE ORIENTACIÓN
O pasado 28 de febreiro o alumnado de 4ESO participou na carreira de orientación celebrada na Illa das Esculturas en Pontevedra dentro do programa XOGADE.
lunes, 27 de febrero de 2023
OS NOSOS DEPORTISTAS
A nosa compañeira de 2ESO, Lara, participou no Campionato Galego de Seleccións Comarcais de fútbol. Parabéns!
domingo, 26 de febrero de 2023
RECOMENDACIÓNS DE ACTIVIDADE FÍSICA
O ministerio de sanidade presenta as recomendacións de actividade física e exemplos de actividades que podemos realizar para ter uns hábitos saudables. Achegamos ditas recomendacións.
martes, 14 de febrero de 2023
SAIMOS NA PRENSA!
Hoxe o diario de Pontevedra dedicanos unha reportaxe sobre as Xornadas de Xogos Tradicionais nas que participamos o pasado 8 de febreiro.
domingo, 12 de febrero de 2023
CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS
miércoles, 8 de febrero de 2023
XOGOS TRADICIONAIS
O pasado 8 de febreiro xunto o alumnado de 2ESO participou nas Xornadas de Xogos Tradicionais organizadas dentro do programa XOGADE.
lunes, 6 de febrero de 2023
sábado, 4 de febrero de 2023
LIGAS
Deixamos unha foto resumo do desenvolvemento das ligas nos recreos. Seguimos con bádminton, balonmán, tenis de mesa, fútbol e baloncesto.
domingo, 22 de enero de 2023
CASTELO DE SOUTOMAIOR E SALINAS DE ULLÓ
O pasado 18 de xaneiro o alumnado visitou o Castelo de Soutomaior. O departamento de EF en colaboración co departamento de tecnoloxía (organizador da actividade) propuso incluir a ruta polas Salinas de Ulló.
Despois de comer tamén fixemos un tramo da senda do Lérez en Pontevedra.
miércoles, 18 de enero de 2023
BALONCESTO NOS RECREOS
O próximo 21 comezan os partidos de baloncesto. En primeiro ciclo anotáronse 2 equipos, así que xogarán ao mellor de 5 partidos. O equipo gañador enfrentarase ao equipo de segundo ciclo!
sábado, 14 de enero de 2023
VISITA DO ADESTRADOR DO ASMUBAL (BLM)
O pasado 12 de xaneiro tivemos a sorte de contar co adestrador do Asmubal Meaño no centro.
Explicounos que nunca é tarde para cumprir obxectivos. El incorporouse ao balonmán xa con 16 anos e iso non impidiu que acadara medallas nos Mundiais de Balonmán Praia.
Deixamos vídeo resumo da xornada e non olvidedes que estades convidados a acudir aos adestramentos que se celebran no pavillón de Coirón-Dena polas tardes.
Probar non custa nada, desde o departamento de EF animamos ao alumnado a acudir a estes adestramentos.
XORNADA CAMPO A TRAVÉS (XOGADE)
Por fin a metereoloxía permitiu acudir á Xornada de Campo a Través do programa Xogade.
Varios dos nosos alumnos e alumnas clasificáronse para o Campionato Provincial:
1º ESO: Daniela
2º ESO: Íker, Lope, Lara e Aroa
3º ESO: Lorena, Candela e Silvia
Parabens a todo o alumnado participante!
sábado, 7 de enero de 2023
XINCANA DO NADAL
O pasado 22 de decembro, o alumnado de 4 ESO participou na Xincana do Nadal, intentando contaxiar espíritu navideño por Dena.