jueves, 21 de octubre de 2021

lunes, 18 de octubre de 2021

MERENDA SAUDABLE

O pasado venres o noso alumnado participou activamente na merenda saudable. Deixamos as porcentaxes por clases da participación. As dúas primeiras clases (ao estar tan igualadas eleximos dúas) terán unha recompensa os vindeiros días!

Nos vindeiros días subiremos fotos da xornada.

Grazas a todos e a todas pola vosa participación.

miércoles, 6 de octubre de 2021

PLÁTANO: SAUDABLE E SOLIDARIO!

O próximo 15 de outubro convidámosvos a que traias un plátano canario para comer nun dos recreos. 
O plátano é unha froita saudable e moi recomendable especialmente para deportistas. 
Ademais, neste momento, é un xesto de solidariedade coa situación de emerxencia que se está vivindo na Palma.



lunes, 4 de octubre de 2021

RESULTADOS ENQUISA ACTIVIDADE FÍSICA DO ALUMNADO

O alumnado do centro fixo unha enquisa para poder coñecer o tempo que lle dedican a actividade física fóra do centro.

Aproximadamente o 71% do alumnado fai actividade física no seu tempo libre. 

O 20% do alumnado non fai suficiente actividade física.

Esperamos ao longo do curso dar estratexias para que esa porcentaxe diminúa.