miércoles, 28 de abril de 2021

DÍA DA EF

Deixo un vídeo a modo de resumo das actividades ue facedes no voso tempo libre. Hai propostas moi interesantes, e xa sabedes, o importante é estar activo! 

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA

Con motivo do día da EF publicamos en redes sociais actividades físicas que fai o noso alumnado no seu tempo libre. Deixamos captura dalgunha das publicacións.



domingo, 25 de abril de 2021

CALENDARIO LIGAS

 Parece que non hai moitas ganas de participar nas ligas. Entendo que este ano está a ser complicado.

En 1º ESO hai xente suficiente para facer liga de bádminton. En 2º ESO non houbo xente para poder organizar ligas. En 3º e 4º levarase a cabo a liga de bádminton e voleibol.

Picade na imaxe e podedes acceder ao calendario.



miércoles, 7 de abril de 2021

DAMOS A COÑECER AS NOSAS ACTIVIDADES FÍSICAS

O vindeiro 28 de abril aproveitaremos a conmemoración do Día da EF para dar a coñecer as diferentes actividades físicas que facedes no voso tempo libre. Aquí deixo as intrucións para participar.

martes, 6 de abril de 2021

LIGA DE BÁDMINTON E VOLEIBOL

Este ano é complicado. Agora que a situación parece un pouco máis favorable imos intentar levar a cabo as ligas. Non poden ser como estábamos afeitos pero o importante é ter alternativas. 

O prazo de inscripción remata o 24 de abril.

TITORIAL FLASHMOB

Grazas a Andrea, Leticia e María por este titorial para poder practicar a coreografía para o vindeiro 28 de abril.