jueves, 23 de diciembre de 2021

RESUMO XINCANA NAVIDEÑA

O alumnado de 4º ESO para comezar este período de vacacións con espíritu navideño participou nunha Xincana que desenvolveuse por Dena. Deixamos vídeo resumo da actividade. Felices festas!

CALENDARIO DE ADVENTO

 ANIMÁDEVOS A FACER ESTAS ACTIVIDADES NO NADAL!


martes, 21 de diciembre de 2021

Xincana Navideña

Estas son as probas que tivo que realizar o alumnado de 4ºESO na Xincana Navideña, espero que o pasárades ben. Bo Nadal!



domingo, 19 de diciembre de 2021

viernes, 17 de diciembre de 2021

RECETAS MASTERCHEF

Moitas grazas ao alumnado que participou no Másterchef. Gustaríanos unha maior participación así que darémoslle unha volta para que o vindeiro ano participe máis xente. Deixo vídeo coas recetas participantes.



ATENTOS AO VINDEIRO 21

miércoles, 15 de diciembre de 2021

miércoles, 8 de diciembre de 2021

MASTERCHEF SAUDABLE

 Comezamos o concurso Masterchef. Tendes ata o día 15 para presentar as vosas recetas !


Como facemos un prato saudable? Consulta as instrucións neste PDF. Bótalle unha ollada antes de meter as mans na masa!

martes, 30 de noviembre de 2021

SAMAIN

 Que mellor forma de celebrar o Samain que bailando. Hoxe intentamos facer a coreografía de Thriller!

domingo, 28 de noviembre de 2021

ANDAINA 25N

Alumnos e alumnas do noso centro participaron este sábado na Andaina pola Igualdade organizada polo Concello de Meaño.



jueves, 21 de octubre de 2021

lunes, 18 de octubre de 2021

MERENDA SAUDABLE

O pasado venres o noso alumnado participou activamente na merenda saudable. Deixamos as porcentaxes por clases da participación. As dúas primeiras clases (ao estar tan igualadas eleximos dúas) terán unha recompensa os vindeiros días!

Nos vindeiros días subiremos fotos da xornada.

Grazas a todos e a todas pola vosa participación.

miércoles, 6 de octubre de 2021

PLÁTANO: SAUDABLE E SOLIDARIO!

O próximo 15 de outubro convidámosvos a que traias un plátano canario para comer nun dos recreos. 
O plátano é unha froita saudable e moi recomendable especialmente para deportistas. 
Ademais, neste momento, é un xesto de solidariedade coa situación de emerxencia que se está vivindo na Palma.



lunes, 4 de octubre de 2021

RESULTADOS ENQUISA ACTIVIDADE FÍSICA DO ALUMNADO

O alumnado do centro fixo unha enquisa para poder coñecer o tempo que lle dedican a actividade física fóra do centro.

Aproximadamente o 71% do alumnado fai actividade física no seu tempo libre. 

O 20% do alumnado non fai suficiente actividade física.

Esperamos ao longo do curso dar estratexias para que esa porcentaxe diminúa.




lunes, 21 de junio de 2021

SOPORTE VITAL BÁSICO

Unha das actividades deste curso foi explicar os aspectos máis importantes do soporte vital básico.

Todo o alumnado tivo que presentar un titorial cos aspectos máis relevantes destes contidos. Deixo un a modo de exemplo.

viernes, 21 de mayo de 2021

miércoles, 5 de mayo de 2021

LIGAS

Empezaron as ligas, un pouco descafeinadas pola situación de pandemia. Esperemos poder retomar a normalidade o vindeiro curso.



domingo, 2 de mayo de 2021

ACTIVIDADES DO DÍA DA EF

O pasado día 28 foi o día da EF. 

Para conmemorar este día fixemos difentes actividades, entre elas un Flashmob no que participou todo o alumnado e parte do persoal docente e non docente. 

Agradecemos a participación de todos na actividade e a especial colaboración das alumnas: Andrea de 3ºC, Leticia e María de  3ºB, Rocío Portas de 3ºA, Rebeca de 2ºB e Antía de 2ºA.

Fixemos un libro dixital cos mellores momentos dese día. 

Pica na imaxe para acceder ao libro.



miércoles, 28 de abril de 2021

DÍA DA EF

Deixo un vídeo a modo de resumo das actividades ue facedes no voso tempo libre. Hai propostas moi interesantes, e xa sabedes, o importante é estar activo! 

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA

Con motivo do día da EF publicamos en redes sociais actividades físicas que fai o noso alumnado no seu tempo libre. Deixamos captura dalgunha das publicacións.



domingo, 25 de abril de 2021

CALENDARIO LIGAS

 Parece que non hai moitas ganas de participar nas ligas. Entendo que este ano está a ser complicado.

En 1º ESO hai xente suficiente para facer liga de bádminton. En 2º ESO non houbo xente para poder organizar ligas. En 3º e 4º levarase a cabo a liga de bádminton e voleibol.

Picade na imaxe e podedes acceder ao calendario.



miércoles, 7 de abril de 2021

DAMOS A COÑECER AS NOSAS ACTIVIDADES FÍSICAS

O vindeiro 28 de abril aproveitaremos a conmemoración do Día da EF para dar a coñecer as diferentes actividades físicas que facedes no voso tempo libre. Aquí deixo as intrucións para participar.

martes, 6 de abril de 2021

LIGA DE BÁDMINTON E VOLEIBOL

Este ano é complicado. Agora que a situación parece un pouco máis favorable imos intentar levar a cabo as ligas. Non poden ser como estábamos afeitos pero o importante é ter alternativas. 

O prazo de inscripción remata o 24 de abril.

TITORIAL FLASHMOB

Grazas a Andrea, Leticia e María por este titorial para poder practicar a coreografía para o vindeiro 28 de abril.

jueves, 18 de marzo de 2021

BAILAMOS

Seguimos traballando as unidades e utilizando actividades que tamén podemos facer na casa.

Animaste a un Just Dance?



jueves, 11 de marzo de 2021

TÚ SÍ QUE VALES

Parabens ao alumnado de 3º ESO polas súas coreografías.

BAILAMOS AO REDOR DO MUNDO

Xa temos as danzas para poder votar no concurso Meañovisión.
Os docentes do centro visualizarán os bailes e votarán os que máis lle gusten.

miércoles, 10 de marzo de 2021

EXPRESÁMONOS

O alumnado de 4º ESO tivo o proxecto "Expresámonos". O resultado foi uns videoclips impresionantes. Seguindo a rutina deste curso, traballamos no centro para seguir traballando fóra do mesmo.

CLASIFICACIÓN LIGA CORREDORES FEBREIRO

 Deixo a clasificación do mes de febreiro de equipos e individual (nesta última so participa o alumnado)

sábado, 13 de febrero de 2021

PASOS A SEGUIR NAS COREOGRAFÍAS

Este curso tan extraño a rutina de traballo e practicar na casa, contidos previamente traballado no centro. Aquí tendes os recursos necesarios para que os diferentes grupos poidades planificar a vosa posta en práctica das coreografías.

martes, 12 de enero de 2021

INSTRUCIÓNS LIGA DE CORREDORES

O importante é moverse. Aquí tendes as instrucións do Liga de Corredores. No caso de ter algunha dúbida, podedes falar coas profesoras do departamento.

domingo, 10 de enero de 2021

LIGA DE CORREDORES

Neste momento a situación sanitaria non é a mellor posible, así que seguiremos co principio de prudencia e polo de agora non imos a organizar actividades no recreo (Seguimos cos espacios separados por cursos).

Tiramos de imaxinación e imos facer unha Liga de Corredores (ou camiñantes). En breves teredes máis novas.

Deixo o cartel promocional ! En breve teredes máis  información.